Os monodactílidos ( Monodactylidae ) son unha familia de peixes predominantemente mariños e de augas salobres, incluída na orde dos Perciformes. Distribúense pola costa africana do océano Atlántico, polo Índico e polo Pacífico. Ocasionalmente penetran en augas doces.

Características Teñen o corpo alto e moi comprimido lateralmente. Aleta dorsal con base longa, cuberta de escamas e 5 a 8 espiñas curtas; a anal tamén de base longa e tres espiñas; pectorais pequenas. As aletas pelvianas están presentes nos individuos xuvenís, pero desaparecen ou son vestixiais nos adultos. Caudal algo fendida.

Aliméntanse de pequenos peixes e de crustáceos. Son de uso común en acuarios de auga doce.miniatura|300px|Monodactylus argenteus|centro Clasificación Comprende só dous xéneros e seis especies: Xénero Monodactylus (Lacepède, 1801) Monodactylus argenteus (Linnaeus, 1758) Monodactylus falciformis (Lacepède, 1801) Monodactylus kottelati (Pethiyagoda, 1991) Monodactylus sebae (CuvierDesam, 1829) Xénero Schuettea (Steindachner, 1866) Schuettea scalaripinnis (Steindachner, 1866) Schuettea woodwardi (Waite, 1905)

Véxase tamén Ligazóns externas

Taxonomía ITIS

Categoría:Percoideos