Un ballo in maschera (en galego, Un baile de máscaras) é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Antonio Somma, baseado no libreto de Eugène Scribe para a ópera Gustave III (1833) de Daniel-François Auber, que se baseou vagamente no asasinato histórico do rei Gustavo III de Suecia. O tema era ben coñecido por ter sido empregado por outros compositores, incluíndo a Daniel-François Auber para a súa ópera de 1833 Gustavo III, ou O baile de máscaras e máis tarde por Saverio Mercadante para a súa ópera Il reggente en 1843. A estrea da ópera tivo lugar no Teatro Apollo de Roma o 17 de febreiro de 1859
En 1792, o rei de Suecia, Gustavo III, foi asasinado como resultado dunha conspiración política contra el. Recibiu un disparo mentres estaba nun baile de máscaras e morreu 13 días máis tarde polas súas feridas. Para o libreto, Scribe conservou os nomes dalgunhas das figuras históricas implicadas, a conspiración e o asasinato nun baile de máscaras. O resto da obra -as caracterizacións, o romance, a adiviñación do futuro etc.- é invención de Scribe e a ópera non é exacta historicamente.
Un ballo in maschera foi unha das óperas máis problemáticas de Verdi, xa que para converterse no Un ballo in maschera que se coñece hoxe, a ópera de Verdi (e o seu libreto) viuse obrigada a sufrir unha serie de transformacións, causadas por unha combinación de normas de censura tanto en Nápoles como en Roma (pedindo mesmo máis alteracións das que Verdi estaba disposto a aceptar), así como pola situación política en Francia en xaneiro de 1858. O feito da censura fixo a Verdi rachar o contrato co teatro, que o demandou, e Verdi contraatacou cunha demanda por difamación. Finalmente a loita legal concluíu coa retirada das acusacións por parte do teatro, e co compromiso de Verdi de terminar a ópera. Porén, antes da estrea en Roma, a acción tivo que trasladarse de Estocolmo a Boston, e o rei Gustavo tivo que ser substituído polo conde de Warwick, dado que as autoridades non permitían que unha obra de teatro incluíra cun rexicidio .
A pesar do seu desenlace dramático, Un ballo in maschera ten moitos momentos brillantes e de ironía asociada á comedia -unha mestura que levou aos críticos a denominala "Shakespeariana".
Personaxes PersonaxeBO: Ambientación orixinal en BostonSW: Ambientación e personaxes suecosTesituraElenco na estrea (ambientación en Boston),17 de febreiro de 1859Lista de cantantes tomada de Budden, p. 360(Director: - )BO: Riccardo, conde de Warwick e gobernador de Boston SW: Gustavo, rei de SueciatenorGaetano FraschiniBO: Amelia, dona de Renato, namorada de RiccardoSW: Amelia, dona de Anckarström, namorada de Gustavo sopranoEugenia Julienne-DejeanBO: Renato, home de Amelia e secretario de Riccardo, mellor amigo e confidenteSW: Conde Anckarström, home de Amelia e secretario de Gustavo, mellor amigo e confidente |barítono |Leone Giraldoni |- |BO: Oscar, paxe de RiccardoSW: Oscar, paxe de Gustavo |soprano de coloratura |Pamela Scotti |- |BO: UlricaSW: Madame Arvidson, unha adiviña|contralto |Zelina Sbriscia |- |Un xuíz |tenor |Giuseppe Bazzoli |- |BO: SilvanoSW: Cristiano |baixo |Stefano Santucci |- |Serventa de Amelia |tenor |Luigi Fossi |- |BO: Samuel SW: Conde Ribbing |baixo |Cesare Rossi |- |BO: TomSW'': Conde HornbaixoGiovanni Bernardoni
Notas
Véxase tamén
Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Roma Categoría:Óperas de 1859