Equator-S foi un satélite artificial alemán lanzado o 2 de decembro de 1997 mediante un foguete Ariane 4 desde o Centro Espacial de Kourou.
Características Equator-S formaba parte da iniciativa ISTP (International Solar-Terrestrial Physics), dirixida a estudar a interacción entre a Terra e o Sol. Foi deseñado e construído polo Instituto Max Planck.
A misión do satélite era facer medicións de alta resolución mediante os seus sete instrumentos do plasma e os campos magnético e eléctrico en rexións non estudadas por outros satélites, como o lado diúrno a baixa altitude da magnetopausa e a súa capa límite, a rexión ecuatorial da corrente de anel e a capa ecuatorial de plasma próxima ó ecuador. A órbita de Equator-S é case ecuatorial, cun perixeo duns 500 km e un apoxeo de case 67.000 km.
Equator-S deixou de transmitir datos o 1 de maio de 1998 a causa dun fallo nos procesadores do satélite.
Instrumentos MAM: consistía en tres magnetómetros de porta de fluxos, un deles nun mastro de 1,8 m de longo e os outros 50 cm máis cerca da nave. EDI (Electron Drift Instrument): utiliza un fluxo de electróns para medi-lo campo magnético. 3DA (3D-Plasma Analyzer): composto por un analizador electrostático de electróns e un analizador electrostático de ións. EPI (Energetic Particle Instrument): mide a enerxía de ións e electróns no rango entre 20 e 226 keV entre 20 e 400 keV respectivamente. ICI (Ion Composition Instrument): mide a distribución tridimensional de ións de hidróxeno, helio e oxíxeno. PCD (Potential Control Device): usado para reducir o potencial eléctrico do satélite a uns poucos voltios para poder facer medicións do plasma a moi baixas enerxías. SFD (Scintillating Fiber Detector): mide a incidencia de partículas enerxéticas.
Notas
Véxase tamén Páxina de Equator-S
Categoría:Satélites artificiais