Gerard James Butler, nado o 13 de novembro de 1969 en Paisley, é un actor escocés de cinema, televisión e teatro.

Primeiros anos Butler naceu en Paisley, Escocia, sendo o máis novo de tres irmáns e fillo de Margaret e Edward Butler. Os seus primeiros anos pasounos en Montreal (Canadá) e posteriormente volveu a Paisley trala separación dos seus pais. Criouse coa súa nai, quen casou de novo poucos anos despois. Non tivo contacto co seu pai até os dezaseis anos. Estudou Dereito na Universidade de Glasgow, onde foi presidente da Sociedade de Leis da Escola e traballou como avogado trala súa graduación.

Traxectoria Comezou a actuar a mediados dos anos 90 con pequenos papeis en producións como o filme de James Bond 007: O mañá nunca morre (1997), que foi seguido por traballos en televisión. O máis notábel deses traballos foi o telefilme norteamericano Atila o huno (2001) onde interpretou o personaxe principal. Recibiu a aclamación da crítica polo seu traballo en The Phantom of the Opera (2004) dirixido por Joel Schumacher. No 2007 interpretou a Leónidas I no filme 300. Dende entón, apareceu en proxectos como P.S. I Love You (2007), Nim's Island (2008), RocknRolla (2008), Un cidadán exemplar (2009) e The Bounty Hunter (2010). Tamén foi actor de voz no filme de animación How to Train Your Dragon (2010).

Filmografía miniatura|dereita|Butler no Festival Internacional de Cinema de Toronto no 2011. Cinema e televisión Ano Filme Personaxe Notas 1997 Mrs. Brown Archie Brown 1997 007: O mañá nunca morre Mariñeiro xefe 1998 Tale of the Mummy Burke 1998 Fast Food Jacko 1998 Little White Lies Peter Telefilme 1998 The Young Person's Guide to Becoming a Rock Star Marty Claymore Serie de televisión 1999 The Cherry Orchard Yasha 1999 One More Kiss Sam Telefilme 1999 Lucy Sullivan Is Getting Married Gus Serie de televisión 2000 Dracula 2000 Drácula/Xudas Iscariote 2001 Harrison's Flowers Chris Kumac 2001 An Unsuitable Job for a Woman Tim Bolton Telefilme 2001 Atila o huno Atila Telefilme 2001 Jewel of the Sahara Capitán Charles Belamy Curtametraxe 2001 Please! Peter Curtametraxe 2001 The Jury Johnnie Donne Telefilme 2002 Shooters Jackie Junior 2002 Reign of Fire Creedy 2003 Lara Croft Tomb Raider: The Cradle of Life Terry Sheridan 2003 Timeline André Marek 2004 The Phantom of the Opera Erik, pantasma 2005 Beowulf & Grendel Beowulf 2005 The Game of Their Lives Frank Borghi 2005 Shadow Company James Ashcroft Voz 2007 300 Leónidas I 2007 Butterfly on a Wheel Neil Randall 2007 P.S. I Love You Gerry Kennedy 2008 Nim's Island Jack Rusoe / Alex Rover 2008 RocknRolla One Two 2009 Tales of the Black Freighter O capitán Voz 2009 The Ugly Truth Mike Chadway 2009 Gamer Kable / John Tillman 2009 Un cidadán exemplar Clyde Shelton 2010 How to Train Your Dragon Stoick the Vast Voz 2010 The Bounty Hunter Milo Boyd 2011 Coriolanus Tullus Aufidius 2011 Machine Gun Preacher Sam Childers 2012 Playing the Field George 2012 Movie 43 Shaun 2012 Of Men and Mavericks Rick Hesson 2014 How to Train Your Dragon 2 Stoick the Vast Voz

Véxase tamén

Categoría:Actores de cinema de Escocia Categoría:Actores de teatro de Escocia Categoría:Actores de televisión de Escocia Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Escocia