Ana Isabel Boullón Agrelo, nada na Pobra do Caramiñal o 1 de abril de 1962, é unha lingüista galega. Dende 2012 é membro correspondente da Real Academia Galega e en sesión do 22 de decembro de 2020 foi elixida académica de número. Leu o discurso de ingreso na Pobra do Caramiñal o 11 de novembro de 2021, contestado por Ramón Lorenzo.
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse coa tese Contribución ó estudo da antroponimia medieval galega (séculos VIII-XIII) (1999), dirixida por Ramón Lorenzo. Impartiu, na década dos 80, cursos de galego para o profesorado non universitario, xornalistas da CRTVG e persoal funcionario. Foi profesora na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB da Coruña (1988) e a Escola Universitaria de Pontevedra (1990-1991), desde 1991 é profesora da Facultade de Filoloxía da USC.
Editou textos medievais, con Henrique Monteagudo De verbo a verbo: Documentos en galego anteriores a 1260 (2009). Estudou a transmisión textual da Crónica de Iria e participou na comisión para a elaboración das normas de edición da documentación medieval da Gallaeciae Monumenta Historica.
Traballa en temas relacionados coa lingua e a toponimia. Participa activamente, como membro do Seminario de Onomástica da RAG, na revisión do Nomenclátor de Galicia e é investigadora principal para a toponimia de Galicia e Portugal do proxecto Toponomasticon Hispaniae. No campo da lexicografía, foi parte do equipo de obras divulgativas. Desde comezos dos anos 1990 dedicouse á investigación dos nomes e apelidos. É membro desde 1990 do proxecto de investigación internacional Dicionario histórico dos apelidos románicos (PATROM). Planificou, xunto a Xulio Sousa, a Cartografía dos apelidos de Galicia, RAG-ILG. Colaborou na elaboración da Clasificación dos 10 nomes máis populares de Galicia (2000-2015). Coordina a elaboración dun gran dicionario dos apelidos galegos, e mais a Guía dos nomes galegos.
É colaboradora das revistas Verba e Cadernos da Lingua. Desde 2007 forma parte do proxecto Dictionnaire Étymolgique Roman, que pretende elaborar un novo dicionario etimolóxico panrománico herdeiro do Romanisches Etymologisches Wörterbuch, de W. Meyer-Lübke. É consultora para os nomes galegos do Projeto Novo Dicionário de Nomes em Uso no Brasil.
No campo da tradución literaria, participou na tradución da colección das series de mitoloxías publicadas por Xerais (romana, viquinga, exipcia, celta), así como outras novelas en Xerais e Alfaguara. É membro da Asociación de Tradutores Galegos e do Consello de redacción da súa revista, Viceversa, que se edita en colaboración coa Universidade de Vigo.
Obras
Infanto-xuvenil con Pere Tobaruela Ilustracións de Andrés Mexide
A rebelión das rúas (2007). Sotelo Blanco, Branco de cores. 28 páxs. ISBN 978-84-7824-537-6. A Cruz dos Farrapos (2007). Sotelo Blanco, Branco de cores. 28 páxs. ISBN 978-84-7824-589-5. Unha vaca marela en Compostela (2008). Sotelo Blanco, Branco de cores. 29 páxs. ISBN 978-84-7824-564-2. Peregrino na sombra (2009). Sotelo Blanco, Branco de cores. 28 páxs. ISBN 978-84-7824-590-1. ¿Unha pantasma na cidade? (2009). Sotelo Blanco, Branco de cores. 29 páxs. ISBN 978-84-7824-565-9.
Ensaio Contribución ó estudo do léxico de Valentín Lamas Carvajal (1986).
Obras colectivas Dicionario normativo galego-castelán (1988). Vocabulario comercial básico (1988). Xunta de Galicia. Dicionario escolar galego (1989). Galaxia. Léxico administrativo castelán-galego (1991). RAG-ILG. Coordinadora.
Estudios dedicados a Celso Emilio Ferreiro (1992). Diccionario dos nomes galegos (1992). Ir Indo. O teu nome (1994). Ir Indo. Guía bibliográfica da lingüística galega (1996). Homenaxe a Pilar Vázquez Cuesta (1996). Homenaxe a Ramón Lorenzo (1998). Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización (2016). RAG. Coordinadora. Aproximacións á variación lexical no dominio galego-portugués (2017).
Como editora Teatro de máscaras, de Ramón Otero Pedrayo (1989). Con Fernando R. Tato Plaza. Na nosa lyngoage galega. A emerxencia do galego como lingua escrita na Idade Media (2007). Estudar toponimia. Aproximacións metodolóxicas e interpretativas (2017). Antroponimia e lexicografía (2018).
Como tradutora Un ordenador nada ordinario, de Michele Kahn (1990). Xuvenil Alfaguara n.º 10, Alfaguara. A cripta do apóstolo, de Pere Tobaruela (2010). Xerais. Poñente, de Pere Tobaruela (2011). Xerais. Resurrección, de Lea Tobery (Pere Tobaruela). (2011). Xerais. Vapor, de Lea Tobery (Pere Tobaruela). (2014) Xerais.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha no Dicionario de autores/as do Barbanza Discurso de ingreso na RAG (2021)
Categoría:Lingüistas da lingua galega Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 1962 Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Tradutores ao galego