Galicia Recreativa, foi un periódico galego que se editou Pontevedra entre 1890 e 1893.

Historia e características Subtitulado Semanario Popular-Utile et Dulce, apareceu o 2 de febreiro de 1890. Dirixida por Hipólito Codesido Sánchez, entre os seus redactores estaba Javier Valcarce Ocampo. Revista de tendencia católica, incluíu información de actualidade, pero non política, retratos de persoeiros públicos, poemas e textos literarios. Entre os seus colaboradores figuraron Víctor de Silva Posada e Luis Cordavias Pascual. Publicou dous contos infantís de Amador Montenegro: "Polos niños" e "As formillas".Modesto Hermida, Eulalia Agrelo e Isabel Mociño (2007). Obra narrativa en galego de Amador Montenegro Saavedra CIRP. ISBN 978-84-453-4381-4.

Entre novembro de 1891 e marzo de 1892 sufriu unha interrupción. Cesou a súa publicación o 26 de novembro de 1892. Parece que se seguiu publicando en 1893.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:1890 en Galicia Categoría:Xornais en lingua castelá