Iphigénie en Tauride (en galego Ifixenia en Táuride) é unha ópera en catro actos con música de Christoph Gluck e libreto en francés de Nicolas-François Guillard. Esta foi a quinta ópera de Gluck para os escenarios franceses.

Con Iphigénie en Tauride, Gluck levou a súa reforma da ópera á súa conclusión lóxica. Os recitativos son máis breves e son récitatif accompagné ("acompañados" por cordas e quizais por outros instrumentos, non só o acompañamento de continuo), estruturas do tipo airoso que unían as escenas dramáticas. Os movementos de danza normais que se atopan na tragédie en musique francesa están case enteiramente ausentes. O drama baséase en último termo na obra Ifixenia entre os tauros do dramaturgo grego Eurípides que trata de historias referentes á familia de Agamenón con posterioridade á Guerra de Troia. Ifixenia era fixa de Agamenón e Clitemnestra e irmá de Orestes, Electra e Crisotemis.

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 18 de maio de 1779 Director: Ifixenia (sacerdotisa de Diana, filla de Agamenón)soprano / mezzosopranoRosalie LevasseurOrestes (irmán de Ifixenia)barítono / tenorna versión alemá de 1781Henri LarrivéePílades (amigo de Orestes)tenor (haute-contre)Joseph LegrosThoas, (rei dos tauros)baixoJean-Pierre (?) MoreauDiana (deusa da caza)soprano /mezzosopranoChâteauvieux

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Christoph Gluck Categoría:Óperas en francés Categoría:Óperas de 1779