L'italiana in Algeri (en galego, A italiana en Arxel) é unha ópera en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Angelo Anelli, baseado nun texto anterior seu musicado por Luigi Mosca. A música é característica do estilo de Rossini, notable pola súa fusión de enerxía sostida con melodías elegantes e prístinas. Foi estreada no Teatro San Benedetto de Venecia o 22 de maio de 1813.

Rossini compuxo L'italiana in Algeri cando tiña 21 anos, uns meses despois de ter estredado Tancredi. Segundo parece, a ópera foi composta nun mes, aínda que algunha fonte cre que en menos días, e o mesmo Rossini dixera que a escribira en tan só 18 días. Foi un éxito notable e fóronlle introducidos canvios progresivos para as actuacións posteriores en Venencia, Milán e Nápoles, durante os seguintes dous anos. A ópera destaca pola mestura que fai Rossini dos estilos de ópera seria e ópera cómica.

Os cantantes deben ser moi hábiles e volubles. Son considerables o dúo de Mustafa e Lindoro, Se inclinassi a prender moglie e a altura das notas que canta Elvira, na introdución e ao final do primeiro acto. A obra contén tamén fermosas arias como a de Isabella, Cruda sorte! Amor tiranno!, e a de Lindoro, Langui por una hermosa. A abertura é igualmente coñecida.

A ópera narra a historia de Isabella, unha italiana que marcha a Alxelia para conseguir a liberdade do seu amado, Lindoro, escravo dun home moi poderoso do país, Mustafá. A heroína tentou tamén axudar na relación matrimonial entre Mustafá e a súa dona, Elvira.

Esta ópera foi reposta frecuentemente logo da segunda guerra mundial con moitas producións exitosas. Actualmente é unha ópera frecuentemente representada, con 48 producións en 43 cidades dende xaneiro de 2009. Nas estatísticas de Operabase aparece no posto número 55 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 25.ª en Italia e a terceira de Rossini, con 82 representacións.

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 22 de maio de 1813(Director: - )Isabella, a italiana contraltoMarietta MarcoliniLindoro, namorado de IsabellatenorSerafino GentiliTaddeo, un italiano anciánbaixoPaolo RosichMustafà, O Bei de ArxelbaixoFilippo GalliElvira, súa donasopranoLuttgard AnnibaldiZulma, a súa confidente mezzosopranoAnnunziata Berni ChelliHaly, o capitán da garda do BeibaixoGiuseppe SpiritoMulleres do harén (papel mudo); eunucos, piratas, escravos, mariñeiros - Coro masculino

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Venecia Categoría:Óperas de 1813