El Heraldo Gallego foi un xornal galego que se editou en Ourense entre 1913 e 1914.
Historia e características
Apareceu a finais de novembro de 1913, tralo peche de Heraldo de Galicia, ao que veu a substituír. Promovido por Basilio Álvarez e dirixido por Manuel Lustres Rivas, o seu redactor-xefe era Joaquín Núñez de Couto e entre os seus redactores figurou Javier Montero Mejuto ata marzo de 1914.Gaceta de Galicia, 24-4-1914, p. 2. Foi un periódico de tendencia agraria, órgano de Acción Gallega. O xulgado de Ourense ditou auto de procesamento contra o director en decembro de 1913 por unha información referente á anulación do sorteo de concelleiros por Lobeira feito pola comisión provincial.El Progreso, 1-1-1914, p. 3. En 1914 o enfrontamento de Basilio Álvarez coas autoridades ourensás e co bispo Eustaquio Ilundáin fixo que El Heraldo Gallego e o seu director caeran baixo o peso das denuncias e as constantes causas xudiciais: O director foi condenado a desterro pola Audiencia provincial en xullo de 1914 por inxurias á Corporación provincial;El Diario de Pontevedra, 6-7-1914, p. 2. o periódico sufriu tres denuncias seguidas e foron recollidos os seus números en agosto;El Progreso, 23-8-1914, p. 3. en setembro foi xulgado o director por catro delitos de imprenta,El Diario de Pontevedra, 26-9-1914, p. 2. e foi condenado por dous deles;El Progreso, 29-9-1914, p. 3. ese mesmo mes o bispo de Ourense publicou unha circular prohibindo a súa lectura.El Diario de Pontevedra, 29-9-1914, p. 2.El Regional, 1-10-1914, p. 2. Cesou a súa publicación o 24 de outubro de 1914.Gaceta de Galicia, 26-10-1914, p. 1.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:Prensa agraria Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1913 en Galicia