O porto de Fonte da Cova é un porto de montaña que comunica a comarca de Cabreira (provincia de León) coa comarca de Valdeorras (provincia de Ourense). Está situado a unha altitude de 1837 m.

Acceso Dúas rutas permiten acceder ao porto. Desde O Barco de Valdeorras tómase a estrada N-536 até Sobradelo (8 km) e de aí a OU-122 que leva cara ao porto (25 km). Desde a parte leonesa chégase desde La Baña pola LE-126 (10 km).

Actividades Desde os anos 1930 este lugar era coñecido polos pioneiros do esquí en Galicia e aquí creouse en 1975 unha pequena estación de esquí (Montañas de Trevinca, S.A.) que pechou poucos anos despois; aínda poden verse restos de dous remontes que chegaron a operar.

En 2006 inaugurouse un centro de desenvolvemento rural que comprende un hotel e un bar. Existe nas proximidades un refuxio de montaña da Federación Galega de Montañismo.

Desde o porto saen rutas de sendeirismo cara a Pena Surbia (2116 m), Pena Trevinca (2127 m), Pena Negra (2121 m), Sextil Alto, Moncalvo ou Picón.

Véxase tamén Refuxio de Fonte da Cova

Ligazóns externas Datos do porto en altimetrias.net

Fonte da Cova Categoría:Carballeda de Valdeorras