Adria Airways d.o.o., anteriormente Inex-Adria Airways, foi a aeroliña nacional de Eslovenia. A compañía realizaba voos regulares echárter a destinos en Europa. Era membro da alianza Star Alliance dende 2004 e é socio de Lufthansa dende 1996.

As oficinas principais da compañía atopábanse no aeroporto de Liubliana e tamén tiña oficinas en Bruxelas, París, Moscova, Frankfurt, Zagreb e Zürich, ademais de axentes de vendas en todos os países europeos. O 30 de setembro de 2019 a compañía declarouse en bancarrota e cesou todas as súas operacións.

Frota No momento do cesamento de actividade a frota de Adria Airways estaba formada polos seguintes avións:

+ Frota de Adria AirwaysAvión En servizoPedidosPasaxeirosNotasAirbus A319-1003—142144Bombardier CRJ700ER2—70Un alugado a Luxair72Bombardier CRJ900LR9386Dous alugados a Austrian AirlinesDous alugados a LufthansaUn pintado coa librea Star Alliance90Saab 20006—50Dous alugados a Swiss International Air LinesDous almacenadosTotal203

Accidentes e incidentes

30 de outubro de 1975: voo 450 de Inex-Adria Aviopromet, un Douglas DC-9-32 esnafrouse durante unha aproximación entre a neboa preto da vila de Suchdol, Checoslovaquia. Morreron 75 dos 120 ocupantes do avión. 10 de setembro de 1976: un Douglas DC-9-31 de Inex-Adria e un Hawker Siddeley Trident 3B de British Airways víronse involucrados nunha colisión aérea sobre Zagreb, morrendo 176 persoas. A colisión atribuíuse a un erro do control de tráfico aéreo. 1 de decembro de 1981: voo 1308 de Inex-Adria Aviopromet, un McDonnell Douglas MD-81 esnafrouse contra unha montaña mentres se aproximaba ao aeroporto Campo dell'Oro en Ajaccio, Córsega morrendo os seus 180 ocupantes.

Notas

Categoría:Aeroliñas de Eslovenia Categoría:Aeroliñas nacionais Categoría:Star Alliance