Vicente Peña Saavedra, nado en Tras do Río (San Claudio, Ortigueira) o 21 de febreiro de 1958, é un pedagogo galego.

Traxectoria Profesor de Teoría e Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación viñéronse centrando na dimensión educativa e cultural da emigración transoceánica e continental (séculos XVII-XXI), na educación popular na Galicia rural, no museísmo pedagóxico, e na historia e actualidade da educación en Galicia. Foi membro da sección de Cultura Galega no Exterior do Consello da Cultura Galega (1993-1999) e do consello científico do Centro Ramón Piñeiro (1999-2001). Forma parte da comisión técnica do Arquivo da Emigración Galega (1993-1999 e 2000-2013), dirixiu o proxecto MUPEGA e colaborou na recuperación do patrimonio bibliográfico, hemerográfico e documental galego en América. Desde 2001 até 2007 exerceu como coordinador científico do MUPEGA. Foi cofundador da revista Estudios Migratorios. E vicepresidente da Sociedad Española para el Estudio del Patrimonio Histórico - Educativo (2003-2012).

Obras Las Escuelas de Americanos y las Sociedades de Instrucción en Galicia, 1991. Éxodo, organización comunitaria e intervención escolar: la impronta educativa de la emigración transoceánica en Galicia, 1991. Galicia-América. Relacións históricas e retos de futuro, 1993. Informe socioeducativo: os galegos da terceira idade en América, 1996. Repertorio da prensa galega da emigración, 1998. La Primera Luz de Manuel M. Murguía. Edición e Estudio introductorio, 2 vols., 2000. Repertorio biblio-hemerográfico da educación en Galicia, 1715-1970, 2001. Mosaico de iconografía escolar de Galicia, 2 vols., 2001 e 2002. Os museos da educación en internet, 2004. Nós mesmos. Asociacionismo galego na emigración, 2008. Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia, 2012. Luces de Alén Mar. As Escolas de Americanos en Galicia [edición revisada e ampliada], 2013.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Galegos.info Biografía en HISTOEDU Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela - Galicia REDICIS - Investigación Ciencias Sociais

Categoría:Pedagogos de Galicia Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Nados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes