Ferrari 500 300px Ferrari InformaciónPaís Fabricante Ferrari Deseñador Aurelio LamprediProdución -Predecesor Ferrari 375 F1Sucesor Ferrari 625 F1Longo 3.800 mmLargo 1.400 mmAlto 1.050 mmPeso 560 Kg. Chasis TubularSuspensión Motor 4 cilindros en liñaPotencia 1,984 ccTransmisión transmisión manual de 4 velocidades + retroceso non sincronizada montada nun bloque con diferencial autoblocante ZFTracción PosteriorFreos Prestacións Pneumáticos Pirelli Debut Gran Premio de Modena de 1951 Pilotos Alberto Ascari, Nino Farina, Luigi Villoresi, Piero Taruffi, Mike Hawthorn Carreiras 15 (oficiais) Gañadas 14 Poles 13 Voltas rápidas 9 Camp. Cons. 0 Camp. Pilt. 2 (-)*

O Ferrari 500 foi un coche de Fórmula 2 deseñado por Aurelio Lampredi que participou no campionato mundial de Fórmula 1 de e . Tamén foi o primeiro Ferrari deseñado cun motor que non era de 12 cilindros. Con este coche Alberto Ascari gañou o título de campión mundial en e .

Para 1952, a FIA anunciou que os Grandes Premios puntuables para o Campionato Mundial de Pilotos disputariase cas especificacións da Fórmula 2 en lugar das de Fórmula 1, tras a retirada de Alfa Romeo do deporte. Ferrari foi o único equipo que tiña un coche deseñado especificamente para a nova fórmula. O coche foi impulsado por un motor de catro cilindros en liña que foi montado detrás do eixo dianteiro, mellorando así a distribución do peso. Alberto Ascari utilizou o coche para gañar o seu primeiro campionato do mundo, gañando todas as carreiras menos unha co sinxelo 500. A carreira perdeuse porque Ascari estaba pilotando o Ferrari de 4´5 litros nas 500 Millas de Indianápolis, con todo, Ferrari gañou a outra carreira na que tamén estivo ausente. A seguinte tempada, Ascari gañou o seu segundo campionato do mundo, e Ferrari gañou todas menos a última carreira, a cal foi gañada por Juan Manuel Fangio, de volta á competición logo dun accidente que danou o seu pescozo.

Ascari gañou 9 carreiras consecutivas co 500, unha marca que segue en pé hoxe en día. O 500 gañou todas as carreiras nas que paricipou agás unha (14 de 15), polo que é o segundo coche estatisticamente máis exitoso na historia do campionato do mundo FIA, logo do McLaren MP4 / 4, que non puido gañar unha das súas 16 carreiras (15 de 16).

625 F1 Para a tempada de foi o retorno ás regulacións de motores de Fórmula Un, o chasis dos Ferrari 500 foron modificados para o novo regulamento co motor 625 de 2´5 litros que gañaría dúas carreiras máis, unha en e , aínda que non foi o suficientemente rápido en comparación co Mercedes-Benz W196 e o Maserati 250F. A pesar de dous novos modelos que aparecen durante este período, o 625 non se substituíu por completo ata , cando Ferrari comezou a usar o chasis D50 comprado xunto co equipo Lancia de Fórmula Un.

Véxase tamén Ligazóns externas

Ferrari 500 at www.ddavid.com

Categoría:Coches de Fórmula 1 Categoría:Scuderia Ferrari