Román Navarro García Vinuesa, nado na Coruña o 28 de febreiro de 1854 e finado na mesma cidade o 10 de setembro de 1928, foi un pintor e militar galego.
Traxectoria Estudou na Escola de Artes da Coruña, converténdose en profesor axudante en 1885. Foi redactor e ilustrador de El Domingo e El Día de Fiesta. En 1894 foi a Italia cunha bolsa da Deputación. Viaxou por Europa.
De volta a España obtivo a cátedra de Debuxo da Escola de Artes de Barcelona, que un ano despois permutou con José Ruiz Blasco (pai de Pablo Ruiz Picasso) pola da Escola de Artes da Coruña, que chegaría a dirixir.
No exército, no que solicitou o retiro arredor de 1916, acadou o emprego de tenente coronel de cabalería.
Obra Posúen obras de Román Navarro, varias institucións galegas: A Deputación Provincial da Coruña, nove óleos.Catálogo del Patrimonio Artístico de la Diputación de A Coruña, volume 1 e volume 2 . O Museo de Belas Artes da Coruña, catro óleos, unha plumiña, unha acuarela e unha litografía. A Colección Afundación, dous óleos e un debuxo. A Fundación María José Jove, unha obra: Batalla de Tetuán.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
, Manuel (1976). Arte, en Galicia, Ed. Noguer, Barcelona.
Outros artigos Alfredo Souto Cuero
Ligazóns externas Bibliografía sobre Román Navarro Navarro García Vinuesa, Román no Museo de Belas Artes da Coruña.
Román Navarro no Espacio Cusachs . Navarro García de Vinuesa, Román na Enciclopedia online do museo do Prado .
Categoría:Pintores de Galicia do século XIX Categoría:Nados na Coruña Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en 1854 Categoría:Finados en 1928 Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Pintores de Galicia do século XX