José María Fórneas Besteiro, nado en Arcos (Castroverde) o 19 de marzo de 1926 e finado o 11 de setembro de 2003, foi un filólogo galego.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Semítica (1952) e Filoloxía Románica (1953) pola Universidade Central de Madrid. Foi profesor da Escola de Idiomas do Cairo (1955-1957), catedrático de Lingua Árabe na Escola de Comercio de Cádiz e profesor do Instituto de Ensinanza Media de Ceuta (1963).

Doutorouse en Filoloxía Semítica en 1970 e obtivo a praza de adxunto de Lingua Árabe na Universidade Autónoma de Madrid. En 1974 trasladouse á Universidade de Granada como titular da cátedra de Lingua Árabe e Árabe Vulgar onde permaneceu como profesor emérito.

O obxecto da súa investigación eran a lingüística, a lexicografía, o xénero biográfico árabe e a transmisión da ciencia islámica en Al-Andalus. Foi director da revista Miscelánea de Estudios Árabes y Hebráicos de Granada (1982-1989).

Finou o 11 de setembro de 2003, e foi soterrado no cemiterio de Arcos.El Progreso, 13-9-2003, p. 87. Obras Elencos biobibliográficos arabigoandaluces, 1971.

Como editor Kulliyat de Averroes, 1987.

Traducións La Ciudad Inicua de Kámil Husain, 1963. Escucha, Rida de Anís Freyha, 1978. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía no Ateneo de Córdoba In Memoriam José Mª Fórneas Besteiro (1926-2003)

Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Nados en Castroverde Categoría:Nados en 1926 Categoría:Finados en 2003