O Pazo da Cultura é un centro de representación escénica situado na Rúa do Pan, na localidade coruñesa de Carballo, ao carón dunha das maiores zonas verdes do núcleo urbano. O seu auditorio ten capacidade para 338 espectadores e cada ano acolle as principais representacións do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), así como concertos e espectáculos de danza. O edificio construíuse no ano 2002 obra do arquitecto Luis Collarte Rodríguez e ten diversas salas de distintas capacidades para axeitarse aos diferentes usos: auditorio (338 espectadores), sala (150 espectadores), sala de exposición, sala de lectura, sala de TV, cafetería e locais de ensaio. O Pazo da Cultura é tamén a sede do Conservatorio Profesional de Música de Carballo e da Escola Oficial de Idiomas de Carballo (unha delegación da EOI da Coruña).

Véxase tamén

Categoría:Teatros de Galicia Categoría:Cultura en Carballo