Na mitoloxía grega (e na romana), as Oceánides (en grego Ὠκεανίδες Okeanídes, plural feminino de Ὠκεανίς Okeanís; en latín Oceanides) eran unhas ninfas fillas de Océano e Tetis.
Eran irmás dos Oceánidas, deuses dos ríos, e cada unha delas estaba asociada a unha fonte, estanque, río, lago ou lagoa. Uníronse con deuses e homes mortais e tiveron innumerables fillos.
Hesíodo, na súa Teogonía, di claramente que as oceánides eran tres mil, porén só nomea as 41 máis antigas, entre as que destaca a Estixia, como a máis importante de todas.
Pseudo-Apolodoro namais nomea a sete.
O texto de Hixino está danado nalgunhas partes, o que fai que algúns nomes das Oceánides sexan incertos, como *Iaea, *Lyris, *Clintenneste, *Teschinoeno Hixino: Fábulas, prólogo..
Relación de Oceánides
Acasta Admete Aetra Amaltea Anfiro Anfítrite – xeralmente considerada como unha Nereida en lugar dunha Oceánide. Anquiroe Antracia - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno. Arxia Asia – ninfa da rexión de Asian, irmá de Europa AsterodiaScholia en Apollonius Rhodius, Argonautica, 3. 242. Asterope - nai, con Zeus de Acragas, epónimo de varias antigas cidades coñecidas como Acragas, posibelmente incluíndo Acragas, Sicilia.Estevo de Bizancio, Akragantes. Beroe Bolbe Cleodora Calipso Calírroe Camarina Píndaro, Odas Olímpicas, V. CafeiraDiodoro Sículo, Libro de Historia, V. 55. Cerceis Ceto Criseis Clio - non confundir coa musa Clio, Clímene - esposa de Iapeto Clitia Criseida Crócale - unha das seis Oceánides máis novas, que atenderon a Artemisa Calímaco, Himno III a Artemis, 12.Ovidio, Metamorfosis III, 169. Daira - nai de Eleusis, con Hermes Pausanias, Descrición de Grecia, 1. 38. 7. Dione Dodone Doris (ou Dóride) – esposa do deus do mar Nereo, nai das Nereidas. Eidiia ou Idiia - esposa de Eetes, nai de Medea. Electra - esposa de Taumas, nai de Iris, Arque e as Harpías; non confundir con outras personaxes co mesmo nome (véxase Electra). Efira Estixia Euagoreis Eudora Europa Eurínome Faino Fiale - unha das seis máis novas Oceánides, que coidaron a Artemisa. Filira - nai do centauro Quirón con Cronos. Frixa - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno. Galaxaura Glauque - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno. Hagno - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno. Hesíone - esposa de Prometeo. Hiale - unha das seis Oceánides máis novas, que coidaron a Artemisa. Hipo Ianira Ianta – ninfa das nubes violeta de chuvia e das flores violeta. Iaque Itome - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno. Leucipe Lisitea Melia Melibea Melite Melóbosis Menesto Merope Metis – deusa da sabedoría, primeira esposa de Zeus. Mopsopia - Atica crese que foi denominada antes Mopsopia.Suidas, Euphorion. Mirtoessa - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno. Nede - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno. Némese Néfele - unha das seis máis novas Oceánides, que coidaron a Artemisa; non confundir con Néfele, deusa das nubes. Ocírroe Oinoe - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno. Ozomene - nunha fonte,Hixino: Fábulas 14. este nome está substituído por Electra. Pasitoe Peito Peribea Perseis ou Persea Petrea Pisítoa Pleione – nai das Pléiades, con Atlas Plexaura Pluto – nai de Tántalo, con Zeus Polidora Polife - nunha rara versión, nai de Atenea, con Poseidón Suidas, Hippeia AthenaTheoi Project - Polife Polixo Pronoia Primmo Psecas - unha das seis Oceánides máis novas, que coidaron a Artemisa. Ranis - unha das seis Oceánides máis novas, que coidaron a Artemisa. Rodia Ródope Stilbo Stix – Oceánide do río Stix que fluía nove veces ao redor de Hades; unha excepcional deusa de río femia. Teisoa - unha das ninfas que coidaron a Zeus de neno. Telesto Tique Toa Urania - non confundir coa musa Urania. Xante Zeuxo
Notas
Véxase tamén
Bibliografía GRIMAL, Pierre: Diccionario de mitología griega y romana. Ed. Paidós, 1981.
HESÍODO: Teogonía. Trabajos y días. Escudo. Certamen, Alianza Editorial, 3ª ed., 2013 [a numeración segue a utilizada neste texto]. HIXINO: Fábulas mitológicas. Tradución, introdución e notas de Francisco Miguel del Rincón Sánchez. Alianza Editorial 2009. OVIDIO: Metamorfosis. Tradución de Antonio Ramírez de Verger. Alianza Editorial 3ª ed. 2015, 2ª reimp. 2017 [a numeración segue a utilizada neste texto]. PSEUDO-APOLODORO: Biblioteca mitológica. Tradución e notas de Julia García Moreno. Alianza Editorial 3ª ed. 2016 [a numeración segue a utilizada neste texto].
Outros artigos Néfele Ninfas Oceánidas Océano Sereas Tetis
Ligazóns externas Oceanids Okeanides
Categoría:Deuses fluviais Categoría:Mitoloxía romana