L'occasione fa il ladro (en galego A ocasión fai ao ladrón) é unha farsa cómica nun acto con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Luigi Prividali, baseado en Le prétendu par hazard, ou L'occasione fait le larron (1810) de Eugène Scribe. Foi estreada no Teatro San Moisè de Venecia o 24 de novembro de 1812.

Foi composta por Rossini en non máis de 11 días cando tan só tiña 20 anos, é a cuarta das cinco farsas compostas por Rossini para o Teatro San Moisè de Venecia entre 1810 e 1813.

A ópera explica unha historia, con final feliz, de amores e equívocos. Unha característica tempestade rossiniana que introduce ao espectador nunha pousada no camiño de Nápoles, na que se refuxiaron Don Parmenión, un aventureiro xactancioso e atrevido, o seu criado Martino e o Conde Alberto, nobre refinado e sensible. Parmenión busca á filla dun amigo que fuxiu co seu amante e Alberto atopará a Berenice, a muller que seu pai, no leito de morte, destinoulle como esposa e que aínda non coñece.

Esta obra represéntase moi pouco na actualidade, figurando nas estatísticas de Operabase con só 6 representacións no período 2005-2010, sendo a décimo cuarta de Rossini.

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 24 de novembro de 1812(Director: )Don ParmenionebarítonoLuigi PaciniMartino (o seu servinte)baixoFilippo SpadaConde AlbertotenorTommaso BertiDon EusebiotenorGaetano Dal MonteBerenice (súa sobriña)sopranoGiacinta CanoniciErnestina (súa amiga)sopranoCarolina Nagher

Orquestración A partitura de Rossini prevé a utilización de: 2 frautas (II. tamén piccolo), 2 óboes, 2 clarinetes, fagot 2 trompas archi Para os recitativos: cembalo ou piano (violonchelo e contrabaixo ad libitum)

Estrutura 1 Sinfonia e Introduzione Frema in cielo il nembo irato (Parmenione, Martino, Alberto) 2 Aria Che sorte, che accidente (Parmenione) 3 Aria Vicino è il momento (Berenice) 4 Quintetto Quel gentil, quel vago oggetto (Parmenione, Ernestina, Alberto, Berenice, Eusebio) 5 Aria D'ogni più sacro impegno (Alberto) 6 Duetto Voi la sposa? (Parmenione, Berenice) 7 Aria Il mio padrone è un uomo (Martino) 8 Recitativo accompagnato e Aria Voi la sposa pretendete (Berenice) 9 Finale Quello, ch'io fui, ritorno (Parmenione, Ernestina, Eusebio, Alberto, Berenice, Martino)

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Rossini Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Venecia Categoría:Óperas de 1812