A bandeira de Güiana, coñecida como a punta de frecha dourada, foi aprobada o 26 de maio de 1966. Foi deseñada por Whitney Smith, un estadounidense coñecido polos seus estudos centrados na vexiloloxía. O deseño orixinal non incluía os bordos negro e branco que foron incorporados polo College of Arms. A cor verde representa a agricultura e os bosques. O branco simboliza os ríos e a auga. O dourado reflicte a riqueza mineral do país. O negro representa a capacidade de resistencia, e o vermello o ardor e o dinamismo.

Outras bandeiras

Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira de Güiana en Flags of the World

Categoría:Símbolos de Güiana Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1966