miniatura|Petróglifos en Gobustán, Azerbaidján, datan duns 10.000 anos a.C. indicando unha cultura próspera. Cultura (do latín cultura, cultivar o solo, coidar) é un termo con varias acepcións, é dicir, é un termo polisémico, en diferentes niveis de profundidade e diferente especificidade. No uso cotián, a palabra cultura emprégase para dous conceptos diferentes:

Excelencia no gusto polas belas artes e as humanidades, tamén coñecida como alta cultura. Os conxuntos de saberes, crenzas e pautas de conduta dun grupo social, incluídos os medios materiais que usan os seus membros para comunicarse entre si e resolver necesidades de todo tipo

Segundo a filosofía é o conxunto de manifestacións humanas que contrastan coa natureza ou comportamento natural. Pola súa quenda, en bioloxía unha cultura é normalmente unha creación especial de organismos (en xeral microscópicos) para fins determinados (por exemplo: estudo de modos de vida bacterianos, estudos microecolóxicos etc). No día-a-día das sociedades civilizadas (especialmente a sociedade occidental) e no vulgo acostuma ser asociada á adquisición de coñecementos e prácticas de vida recoñecidas como mellores, superiores, ou sexa, erudición; este sentido normalmente se asocia ao que é tamén descrito como “alta cultura”, e é empregado apenas no singular (non existen culturas, apenas unha cultura ideal, á cal os homes indistintamente deben se encadrar).

A antropoloxía encara a cultura como o total de padróns aprendidos e desenvolvidos polo ser humano. Segundo a definición pioneira de Edward Burnett Tylor, baixo a etnoloxía (ciencia relativa especificamente do estudo da cultura) a cultura sería “o complexo que inclúe coñecemento, crenzas, arte, morais, leis, costumes e outras aptitudes e hábitos adquiridos polo ser humano como membro da sociedade.”

Polo tanto corresponde, neste último sentido, ás formas de organización dun pobo, os seus costumes e tradicións transmitidas de xeración para xeración que, a partir dunha vivencia e tradición común, se presentan como a identidade dese pobo.

O uso de abstracción é unha característica do que é cultura: os elementos culturais só existen na mente das persoas, nos seus símbolos tales como patróns artísticos e mitos. Mentres fálase tamén en cultura material (por analoxía a cultura simbólica) cando do estudo de produtos culturais concretos (obras de arte, escritos, ferramentas etc). Esa forma de cultura (material) é preservada no tempo con máis facilidade, unha vez que a cultura simbólica é extremadamente fráxil.

Natureza e cultura Unha primeira distinción no coñecemento científico é a que se establece entre natureza e cultura. Esa distinción significa que o mundo da natureza é o que non foi creado polo home, polo menos nas súas orixes; mentres que a cultura é o mundo creado polos seres humanos, tal como explícase cumpridamente no libro The Man-Made WorldPolytechnic Institute of Brooklyn The Man-Made World. The Engineering Concepts Curriculum Project (ECCP), McGRAW HILL-BOOK COMPANY, 1971.

Cando o termo cultura xurdiu en Europa, entre os séculos XVIII e XIX, referíase a un proceso de tecnoloxía ou mellora, como na agricultura ou horticultura. No século XIX, pasou primeiro a referirse ao melloramento ou refinamento do individuo, especialmente a través da educación, e logo ao logro das aspiracións ou ideais nacionais. A mediados do século XIX, algúns científicos utilizaron o termo «cultura» para referirse á capacidade humana universal. Para o antipositivista e sociólogo alemán Georg Simmel, a cultura referíase a «a cultivación dos individuos a través da inxerencia de formas externas que foron obxectificadas no transcurso da historia».Levine, Donald (ed) 'Simmel: On individuality and social forms' Chicago University Press, 1971. p. 6.

No século XX, a «cultura» xurdiu como un concepto central da antropoloxía, abarcando todos os fenómenos humanos que non son o total resultado da xenética. Especificamente, o termo «cultura» na antropoloxía americana ten dous significados: (1) a evolucionada capacidade humana de clasificar e representar as experiencias con símbolos e actuar de forma imaxinativa e creativa; e (2) as distintas maneiras en que a xente vive en diferentes partes do mundo, clasificando e representando as súas experiencias e actuando creativamente. Despois da segunda guerra mundial, o termo volveuse importante, aínda que con diferentes significados, noutras disciplinas como estudos culturais, psicoloxía organizacional, socioloxía da cultura e estudos xerenciais.

Algúns etólogos falaron de «cultura» para referirse a costumes, actividades ou comportamentos transmitidos dunha xeración a outra en grupos de animais por imitación consciente dos devanditos comportamentos. As crenzas e prácticas dunha cultura determinada poden ser exercidas como mecanismos de control que limitan a conduta social. A cultura asóciase coa liberdade, xa que é o vehículo entre o coñecemento e novas formas de conciencia que permiten unha desestabilización na hexemonía. Ademais pode recoñecerse como conxuntos ou modos de vida e costumes dunha época ou grupo social. O termo cultura pode alcanzar extensión e usos diversos, como diversidade cultural, obxecto do coñecemento empírico, e a diferenza cultural.

Outros conceptos de cultura:

A palabra cultura asóciase coa acción de cultivar ou practicar algo, tamén segundo a RAG pode ser o resultado ou efecto de prevalecer coñecementos humanos e conxuntos de modos de vida.

A cultura foi vista dentro dos proxectos de modernidade. Unha dimensión e expresión da vida humana, realízase mediante a utilización de símbolos e artefactos, nos que hai un campo de produción, circulación e consumo de signos e como unha praxe que se articula nunha teoría. No dicionario noméanse diferentes tipos de culturas e entre elas as dúas máis emblemáticas son a cultura popular e a cultura de masas. Formación do concepto de cultura

Etimoloxía A etimoloxía do concepto moderno “cultura” ten unha orixe antiga. En varias linguas europeas, a palabra “cultura” está baseada no termo latino utilizado por Cicerón, no seu Tusculanae Disputationes, quen escribiu acerca dun cultivo da alma ou “cultura animi”, utilizando así unha metáfora agrícola para describir o desenvolvemento dunha alma filosófica, que foi comprendida teleoloxicamente como un dos ideais máis altos posibles para o desenvolvemento humano. Samuel Pufendorf levou esta metáfora a un concepto moderno, cun significado similar, pero xa sen asumir que a filosofía é a perfección natural do home. Para este autor, os significados de cultura, que moitos escritores posteriores retoman, “refírense a todas as formas na que os humanos comezan a superar o seu barbarismo orixinal e, a través de artificios, vólvense completamente humanos”.

Como o describe Velkley: Concepción clásica da cultura miniatura|upright|Nas súas primeiras acepcións, cultura designaba o cultivo dos campos. O termo cultura provén do latín cultus que á súa vez deriva da voz colere que significa coidado do campo ou do gando. Pola metade do século XVI, o termo adquire unha connotación metafórica, como o cultivo de calquera facultade. Cara ao século XIII, o termo empregábase para designar unha parcela cultivada, e tres séculos máis tarde cambiara o seu sentido de estado dunha cousa á propia acción que leva ao devandito estado: o cultivo da terra ou o coidado do gando (Cuche, 1999: 10), aproximadamente no sentido en que se emprega no galego dos nosos días en vocábulos como agricultura, apicultura, piscicultura e outros. De calquera xeito, a acepción figurativa de cultura non se estenderá ata o século XVII, cando tamén aparece en certos textos académicos. miniatura|upright|Voltaire, un dos poucos pensadores franceses do século XVIII que se mostraban partidarios dunha concepción relativista da historia humana. O século das luces (século XVIII) é a época en que o sentido figurado do termo como “cultivo do espírito” imponse en amplos campos académicos. Por exemplo, o Dictionnaire de l'Académie Française de 1718. E aínda que a Enciclopedia inclúeo só no seu sentido restrinxido de cultivo de terras, non descoñece o sentido figurado, que aparece nos artigos dedicados á literatura, a pintura, a filosofía e as ciencias. Co paso do tempo, como cultura entenderase a formación da mente. É dicir, convértese novamente nunha palabra que designa un estado, aínda que nesta ocasión é o estado da mente humana, e non o estado das parcelas.

A clásica oposición entre cultura e natureza tamén ten as súas raíces nesta época. En 1798, o Dictionnaire inclúe unha acepción de cultura en que se estigmatiza o “espírito natural”. Para moitos dos pensadores da época, como Jean-Jacques Rousseau, a cultura é un fenómeno distintivo dos seres humanos, que os coloca nunha posición diferente á do resto de animais. A cultura é o conxunto dos coñecementos e saberes acumulados pola humanidade ao longo dos seus milenios de historia. En tanto unha característica universal (o vocábulo), emprégase en número singular, debido a que se atopa en todas as sociedades sen distinción de etnias, localización xeográfica ou momento histórico. Cultura e civilización Tamén é no contexto da Ilustración cando xorde outra das clásicas oposicións en que se involucra á cultura, esta vez, como sinónimo da civilización. Esta palabra aparece por primeira vez na lingua francesa do século XVIII, e con ela significábase a refinación dos costumes. Civilización é un termo relacionado coa idea de progreso. Segundo isto, a civilización é un estado da Humanidade no cal a ignorancia foi abatida e os costumes e relacións sociais áchanse no seu máis elevada expresión. A civilización non é un proceso terminado, é constante, e implica o perfeccionamento progresivo das leis, as formas de goberno, o coñecemento. Como a cultura, tamén é un proceso universal que inclúe a todos os pobos, mesmo aos máis atrasados na liña da evolución social. Desde logo, os parámetros cos que se medía se unha sociedade era máis civilizada ou máis salvaxe eran os da súa propia sociedade. Nos albores do século XIX, ambos os termos, cultura e civilización eran empregados case do mesmo xeito, sobre todo en francés e inglés (Thompson, 2002: 186). miniatura|upright|Johann Gottfried Herder. Segundo el, a cultura podía entenderse como a realización do xenio nacional (Volksgeist).

É necesario sinalar que non todos os intelectuais franceses empregaron o termo. Rousseau e Voltaire mostráronse reticentes a esta concepción progresista da historia. Tentaron propoñer unha versión máis relativista da historia, aínda que sen éxito, pois a corrente dominante era a dos progresistas. Non foi en Francia, senón en Alemaña onde as posturas relativistas gañaron maior prestixio. O termo Kultur en sentido figurado aparece en Alemaña cara ao século XVII -aproximadamente coa mesma connotación que en francés. Para o século XVIII goza de gran prestixio entre os pensadores burgueses alemáns. Isto debeuse a que foi empregado para deostar aos aristócratas, aos que acusaban de tratar de imitar as maneiras “civilizadas” da corte francesa. Por exemplo, Immanuel Kant apuntaba que “cultivámonos por medio da arte e da ciencia, civilizámonos [ao adquirir] bos modos e refinamentos sociais” (Thompson, 2002: 187). Polo tanto, en Alemaña o termo civilización foi equiparado cos valores cortesáns, cualificados de superficiais e pretensiosos. En sentido contrario, a cultura identificouse cos valores profundos e orixinais da burguesía (Cuche, 1999:13).