Xunta pode referirse a:xunta1 s.f. 1. Reunión de persoas que se xuntan para tratar un asunto. Convocouse unha xunta de veciños. CF. xuntanza. 2. Grupo de persoas que ten ao seu cargo o goberno, a dirección ou a administración dunha comunidade. A xunta de dirección do instituto decidiu adiantar as eleccións. 3. Punto onde se unen dúas cousas. No piso, nas xuntas das táboas, acumulábase o po. SIN. xuntura. 4. Punto de unión entre dous ósos. O carniceiro cortouse na xunta do dedo. SIN. artellamento, articulación (máis formal), xoga, xógara, xogo, xuntura. 5. Xugada. Nas obras de construción do convento traballaron vinte xuntas de bois para carretar a pedra. Definicións do Dicionario da Real Academia Galega online, 2012.

Políica e administración

Xunta de Goberno, nome de diversas institucións históricas e contemporáneas en España e Hispanoamérica. Xunta Democrática, organismo político creado en 1975 polo Partido Comunista de Galicia (PCG) como reflexo da Junta Democrática promovida polo PCE no ámbito do Estado español. Xunta Militar, un goberno formado por militares. Xunta pola Defensa de la Llingua Asturiana, organización asturiana que procura a oficialidade do idioma asturiano e promove o seu uso e ensinanza. Xuntas Galegas pola Amnistía, organización galega de defensa dos dereitos das persoas presas, en especial as vinculadas co independentismo galego.

Tecnoloxía

Xunta, elemento que pon en contacto dúas pezas e que, paradoxalmente, pode servir tanto para unir como para separar. Xunta de estanqueidade, unha forma de tapa para selar conexións, por exemplo, a xunta da cabeza (dun motor de explosión). Neste caso, a xunta une as pezas para evitar fugas. Xunta de dilatación, elemento elástico que se intercala nas estruturas arquitectónicas de gran tamaño para evitar a súa fragamentación pola dilatación e contracción das mesmas debidas aos cambios de temperatura. Neste caso, xunta separa as pezas para evitar roturas non controladas. Xunta, pequeno espazo que queda entre as superficies dos perpiaños ou os ladrillos nunha construción.

Outras

Xunta Central Falleira (en valenciano Junta Central Fallera), organismo que regula e coordina a festa das fallas na cidade de Valencia.

Notas