Stand Up é o sexto álbum da banda de rock estadounidense Dave Matthews Band, editado o 10 de maio do 2005 a través do selo RCA Records. Foi o seu cuarto álbum en entrar directo no número 1 da lista Billboard 200. O álbum foi o derradeiro en contar coa plena participación do saxofonista LeRoi Moore, que morreu nas primeiras fases de produción do seu seguinte traballo, Big Whiskey and the GrooGrux King.

Listaxe de cancións Todas as cancións compostas por Dave Matthews e Mark Batson, agás onde se indique. "Dreamgirl" – 4:01 "Old Dirt Hill (Bring That Beat Back)" – 5:00 "Stand Up (For It)" – 4:13 "American Baby Intro" – 2:03 "American Baby" – 4:35 "Smooth Rider" – 2:17 "Everybody Wake Up (Our Finest Hour Arrives)" – 4:17 "Out of My Hands" – 3:41 "Hello Again" (Matthews) – 3:56 "Louisiana Bayou" – 5:36 "Stolen Away on 55th & 3rd" – 4:17 "You Might Die Trying" – 4:44 "Steady as We Go" – 3:24 "Hunger for the Great Light" – 4:20

"Stand Up (For It)" apareceu no videoxogo Tiger Woods PGA Tour 2006. "You Might Die Trying" sae no episodio da serie House titulado "Not Cancer".

Categoría:Álbums de Dave Matthews Band Categoría:Álbums musicais de 2005 Categoría:Álbums de RCA Records