O Lalín Arena é un moderno complexo polideportivo e termal da localidade de Lalín, inaugurado o 15 de outubro do ano 2010El Concello autoriza la explotación del Lalín Arena hoy, día de su inauguración, artigo do Faro de Vigo .. Serve de feudo ao Club Balonmán Lalín.
Instalacións As instalacións constan de: Un pavillón con 2 pistas multiúsos de parqué, homologadas para a práctica de fútbol sala, baloncesto ou balonmán. A súa estrea levouse a cabo o 27 de outubro de 2010 cun encontro oficial entre as seleccións de balonmán de España e Lituania, válido para a fase clasificatoria do Campionato de Europa."Balonmano para inaugurar el Lalín Arena", artigo de Vigoalminuto.com. A capacidade das bancadas do pavillón é de 2000 persoas, o que fai del un dos 10 maiores de Galicia. 2 pistas de pádel acristaladas e cubertas, de céspede artificial. 4 salas de ximnasia. Un complexo termal equipado con jacuzzis, hidromasaxes, baño turco, sauna etc.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista dos pavillóns de Galicia de maior capacidade Ligazóns externas Páxina do Lalín Arena
Categoría:Lalín Categoría:Pavillóns de Galicia