O Frölunda HC, tamén coñecido como Frölunda Indians (anteriormente Västra Frölunda HC), é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Gotemburgo, Västergötland (Suecia). Foi fundado o 3 de febreiro de 1938. Actualmente compite SHL, a máxima categoría do hóckey sobre xeo sueco, competición que gañou en tres ocasións (2 dende que a competición adoptou a denominación actual). Xoga os seus partidos como local no Scandinavium, un pavillón con capacidade para 12.044 espectadores.
O 28 de decembro de 2009, o club bateu o récord de asistencia a un partido europeo de clubs de hóckey sobre xeo con 30.144 espectadores.Soirée record pour Frölunda, hockeyarchives
Historia Na tempada 1943-44, o club fundado en 1932 Västra Frölunda IF introduciu a práctica do hóckey sobre xeo, aínda que os xogadores tiveron que agardar ata 1946 para poder xogar o primeiro partido oficial do club a causa dos invernos temperáns que se produciron na cidade de Gotemburgo. Os primeiros xogadores do equipo eran xogadores de bandy que comezaron a xogar ao hóckey sobre xeo. Na tempada 1945-46 o equipo perdeu o campionato distrital fronte o Göteborgs SK por 7-3. O Frölunda acabou precisamente na segunda posición por detrás do mesmo equipo ano despois na Liga de Gotemburgo.
Personalidades Xogadores Números retirados Ao longo da súa historia, o Frölunda retirou os seguintes números:
Números retirados do Frölunda HC NºXogadorPosición 13 Lars-Eric Lundvall F 14 Ronald « Sura Pelle » Pettersson F 14 Patrik Carnbäck F 19 Jörgen Pettersson F 23 Ronnie Sundin D 24 Niklas Andersson F 29 Stefan Larsson D
Palmarés 3 Le Mat Trophy: 1965, 2003 e 2005
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Frölunda HC Dam (equipo feminino do club)
Ligazóns externas Sitio web oficial do Frölunda HC
Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo de Suecia