miniatura|Sede da Academia 2002-2018 Casa do Consulado.

A Academia Galega do Audiovisual é unha asociación sen ánimo de lucro que agrupa a creadores e profesionais do audiovisual galego (cine, televisión, multimedia, publicidade, vídeo). Os académicos exercen diversos oficios, traballan en diversos xéneros, medios, empresas e institucións e, en palabras da súa academia, pensan o seu labor desde diversos postulados estéticos, industriais e ideolóxicos.

A Academia tivo a súa sede de 2002 a 2018 na Casa do Consulado na cidade da Coruña.Información na páxina web da AGAPáxina web inicial da AGA En 2018 trasladouse ao Centro Ágora da Coruña.

Características miniatura|Antonio Mourelos, presidente da AGA entre 2011 e 2015. A misión da Academia é a de fomentar o desenvolvemento das artes e das ciencias relacionadas directa ou indirectamente co audiovisual en Galicia, promovendo e defendendo a imaxe pública do conxunto dos profesionais do sector.

Entre as súas principais actividades destaca a organización anual dos Premios do Audiovisual Galego Mestre Mateo, os Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio, e o Premio José Sellier. Estas e outras actividades, como a Semana do Cinema Galego, o Ciclo Mestre Mateo, o Foro da Industria Galega do Audiovisual (FIGA), os Lugares de Interese Cinematográfico (LIC) o Foro Academia Aberta, publicacións, obradoiros, debates etc. teñen como obxectivo fortalecer o coñecemento do audiovisual galego no máis amplo sentido, e contribuír a que a sociedade coñeza e valore o resultado do seu labor.

Creada o 30 de maio de 2002, no 2024 reúne a preto de cincocentos profesionais que traballaban nas diversas especialidades do sector: Arte, Dirección, Escritura, Fotografía, Interpretación, Música, Son, Produción, Posprodución e Promoción.

A Academia aprobou os seus estatutos o 12 de xuño de 2002, tendo lugar a última modificación o 27 de maio de 2011.Estatutos da AGA.

Os profesionais que ostentaron a presidencia da Academia desde os seus inicios foron os seguintes: Ernesto Chao (2002-2003), Manolo Gómez (2003-2006), María Bouzas (2006-2009), Xosé Manuel Olveira "Pico" (2009-2011), Antonio MourelosDirectiva (2011-2015), Carlos Ares (2015-2019), Ana Míguez (2019-2021), Álvaro Pérez Becerra (2021-2025) e Lucía Veiga (desde 2025).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Premios Mestre Mateo

Ligazóns externas Academia Galega do Audiovisual Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) Consello da Cultura Galega. AGV. O soportal do audiovisual galego

Categoría:Audiovisual galego Categoría:Academias de Galicia Categoría:Medalla de Ouro de Galicia