Bion 3, tamén coñecido como Kosmos 782, foi un satélite artificial da Unión Soviética pertencente á serie de satélites Bion para investigacións biolóxicas. Foi lanzado o 25 de novembro de 1975 mediante un foguete Soiuz U desde o cosmódromo de Plesetsk.
Características Bion 3 foi o terceiro satélite da serie de satélites Bion. Foi lanzado nunha órbita inicial de 227 km de perixeo, 405 km de apoxeo e 62,8 graos de inclinación orbital.
Bion 3 foi a primeira colaboración entre a Unión Soviética e os Estados Unidos no campo da investigación biomédica do voo espacial. A súa carga consistiu en 14 experimentos preparados por científicos de sete países, incluíndo unha centrifugadora para comparar os resultados dos experimentos cos animais (incluídos ratas e tartarugas) sometidos á forza de gravidade artificial da centrifugadora cos dos animais que permaneceron en microgravedade. Tamén se estudaron os efectos do envellecemento nas moscas da fruta e nos tecidos de plantas con crecementos tumorais.
A cápsula regresou o 15 de decembro de 1975, tras 19,5 días de voo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Bion Bion 1 Bion 2 Bion 4 Bion 5 Bion 6 Bion 7 Bion 8 Bion 9 Bion 10 Bion 11
Categoría:Bion