Gustavo Balza Gámez, nado en Caracas, Venezuela, en 1965, é un director de cine venezolano actualmente residente en Galicia.

Traxectoria Gustavo Balza estudou xornalismo na Universidade Central de Venezuela e despois, en 1990, diplomouse na especialidade de dirección na Escuela Internacional de Cine y Televisión (EICTV), de San Antonio de los Baños, provincia de Artemisa, Cuba.

Desde principios da última década do século XX, Balza traballou como axudante de dirección e de produción en diversos filmes. Tamén realizou varias curtametraxes de ficción e publicitarias.

Producido polo Centro Nacional Autónomo de Cinematografía e a entidade francesa Fonds Sud Cinema, o filme Caracas, amor a muerte (2000) foi a primeira longametraxe de ficción de Gustavo Balza, quen tamén coescribiu a película xunto con Armando Coll. Se non fose polo seu título, que especifica o espazo onde transcorre a acción, Caracas, amor a muerte pode ocorrer en calquera cidade latinoamericana (nalgúns países chamouse El valle), onde unha adolescente embarazada se debate entre abortar ou dar a luz un bebé non desexado. O pai, un mozo violento, e o cura, opóñense ao aborto; e a súa avoa quere impedir que se repita a historia das mulleres da familia. Ninguén pensou que a futura nai é a única que ten o dereito a decidir con liberdade.

A finais de 2001, Balza trasladouse a Galicia, á Coruña. No país traballa como director de series e películas para a televisión.

Dirixiu o telefilme Secuestrados en Xeorxia (2001), varios capítulos das series de televisión As leis de Celavella (2004-2005) e Os Atánticos (2007), e foi axudante de dirección de Antón Dobao no telefilme O bosque de Levas (2006), de Manuel Martín Cuenca en O Tesouro (2007), e de Rodrigo Rodero na longametraxe El Idioma Imposible (2009). En 2011 dirixiu Doentes, mellor longametraxe de ficción na décima edición dos Premios Mestre Mateo, e dous anos máis tarde foi xefe de produción por Venezuela en Libertador, unha coproducción internacional sobre la vida de Simón Bolívar.

Filmografía (como director) 2000 Caracas amor a muerte (filme) 2003 Secuestrados en Xeorxia (telefilme) 2004 As leis de Celavella (serie de televisión) Elemental, querido Paquiño, temporada 2, episodio 9 (6 de xuño de 2004) 2008-2009 Os Atlánticos (12 episodios) 1. Comuñón (21 de xaneiro de 2008) 2. Sorpresa (28 de xaneiro de 2008) 3. O meu bailador (18 de febreiro de 2008) 4. Perdedores (10 de marzo de 2008) 5. Coma a roda do muíño (31 de marzo de 2008) 6. Sen volta atrás (7 de abril de 2008) 7. Unha decisión difícil (2 de decembro de 2008) 8. Cuestión de confianza (9 de decembro de 2008) 9. Segredos e mentiras (16 de decembro de 2008) 10. Sexo, mentiras e cintas de gasolineira (23 de decembro de 2008) 11. My way (13 de xaneiro de 2009) 12. Licor do negro café (13 de xaneiro de 2009) 2011 Doentes (filme)

Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Filme Resultado2011Mellor directorDoentesNomeadoMellor guiónDoentesNomeado

Véxase tamén Ligazóns externas Cinelatinoamericano. Gustavo Balza Filmografía en IMDb Gustavo Balza: 'Doentes es una película con vocación universal' Diario El Mundo''

Categoría:Nados en Caracas Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Directores de cinema de Venezuela Categoría:Nados en 1965