O Outono Fotográfico é un festival fotográfico que se celebra en Ourense desde 1982.
Historia O festival botou a andar da man de Benito Losada, director da Casa da Xuventude de Ourense. A primeira edición presentaba catro exposicións de fotógrafos ourensáns, amais do primeiro concurso de fotografía para mozos, unha exposición bibliográfica, proxeccións de curtas con tema fotográfico e un curso teórico-práctico. Desde aquela primeira edición o Outono Fotográfico estivo presente todos os meses de novembro en Ourense, ampliando a súa presenza até chegar a toda Galicia, e fóra dela a Chaves e Barcelona.
Foi dirixido por Benito Losada ata a edición número 28. En 2011 celebrouse a 29 edición do Outono Fotográfico, xa sen a presenza do seu fundador, organizado esta vez por fotógrafos amigos de Benito e co apoio das salas e técnicos culturais habituais do Outono Fotográfico, asumindo a dirección Xosé Lois Vázquez.
En 2017 chegara a 36 edicións, programando 1.245 exposicións individuais, 740 colectivas, con obradoiros e traballos de máis de 6.000 fotógrafas e fotógrafos, internacionalizado a máis de 25 cidades de Galiza e Portugal.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina do Outono Fotográfico
Categoría:Fotografía Categoría:Ourense Categoría:Festivais en Galicia Categoría:Ourense sen imaxes