CAT 1, acrónimo de Capsule Ariane Technologique 1, foi un satélite artificial da ESA lanzado o 24 de decembro de 1979 mediante o primeiro foguete Ariane 1 desde o Centro Espacial de Kourou.
Características CAT 1 foi unha cápsula tecnolóxica posta en órbita durante o lanzamento do primeiro Ariane 1. Con 1602 kg de masa, foi posto nunha órbita inicial de 125 km de perixeo, 14.047 km de apoxeo, unha inclinación orbital de 17,8 graos e un período de 259,1 minutos. A cápsula funcionaba con baterías e foi deseñada para durar 8 órbitas. A súa función foi recompilar información sobre o foguete durante o lanzamento e posta en órbita e retransmitila a terra para obter datos cos que validar o foguete.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ariane 1 CAT 3 CAT 4
Categoría:Satélites artificiais