Sabino Acquaviva, nado en Padua o 29 de abril de 1927 e finado o 29 de decembro de 2015, foi un sociólogo, xornalista e escritor italiano.

Traxectoria Foi profesor entre 1967 e 1971 na Universidade de Trento., foi profesor de socioloxía na Universidade de Padua, e director do seu departamento de socioloxía entre 1985 e 1988. Foi colaborador de programas da RAI, entre elas La notte della repubblica de Sergio Zavoli, e mais tamén en xornais e revistas.

Obras Estudoso da socioloxía da relixiónChi è, Roma, L'Espresso, vol. I, 1986, p. 8., a súa notoriedade débese sobre todo ao libro L'eclissi del sacro nella società industriale. publicado en 1961. Acquavila baseándose en estatísticas internacionais que establecían unha caída na observancia do culto relixioso establecía unha progresiva desaparición do sagrado que matizou en Fine di un'ideologia: la secolarizzazione, obra de 1989 escrita con Renato Stella na que fala da fin do uso máxico do sagradoRoberto Cipriani Sociology of Religion: An Historical Introduction. Aldine (2000), p. 167. Outras das súas obras no campo da socioloxía da relixión son Eros, morte ed esperienza religiosa (1993),Sociologia delle religioni. Problemi e prospettive (1996), Giovani sulle strade del terzo millennio. I giovani degli ostelli: tra pellegrinaggio interiore e turismo culturale (1999) eDio dopo Dio. Diario 1964-2005 (2007).

En 1980 publicou con Gottfried Eisermann, Alto Adige. Spartizione subito? sobre as minorías étnicas no Tirol do Sur, Acquaviva na obra nega a existencia dun grupo étnico plurilingüe nativo e puña en dúbida a eficacia do proxecto de autonomía para a conservación das dúas comunidades.

Sobre os anni di piombo (décadas de 1970 e 1980 en Italia) publicou Guerriglia e guerra rivoluzionaria in Italia (1979), Il seme religioso della rivolta (1979), Sinfonia in rosso (1989).

Sobre socioloxía política escribiu Progettare la felicità (1994) e La democrazia possibile (2002).

Tamén é importante a súa obra sobre os medios de comunicación: Televisione e immagine nel mondo della prima infanzia (1976); La modernizzazione sperata (1978); La montagna del sole: il Gargano (1982); e Social Structure in Italy, Crisis of a System (1976).

Notas

Categoría:Sociólogos de Italia Categoría:Nados en Padua Categoría:Nados en 1927 Categoría:Finados en 2015