Baixo Vouga é unha subrexión estatística portuguesa que forma parte da Rexión Centro. Os municipios que a forman pertencen ao Distrito de Aveiro. Limita ao norte coas subrexións do Grande Porto e Entre Douro e Vouga, ao leste coa de Dão-Lafões, ao sur coa de Baixo Mondego, e ao oeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 1 802,3 km² e conta cunha poboación de 390 840 habitantes (2011). A súa capital é Aveiro.
Concellos Comprende 11 concellos:
Águeda Albergaria-a-Velha Anadia Aveiro Estarreja Ílhavo Murtosa Oliveira do Bairro Ovar Sever do Vouga Vagos
No Baixo Vouga localízanse 10 cidades: Albergaria-a-Velha, Águeda, Anadia, Aveiro, Esmoriz (municipio de Ovar), Estarreja, Gafanha da Nazaré (municipio de Ílhavo), Ílhavo, Oliveira do Bairro e Ovar.
Comprende a parte correspondente á boca da conca do Río Vouga.
Notas
Categoría:NUTS III portuguesas