O Gran Premio de Mónaco de 1980 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 18 de maio de 1980 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de .

Informe

A carreira foi o 38ª Gran Premio de Mónaco. A carreira levouse a cabo durante 76 voltas ao circuíto de 3´34 quilómetros de lonxitude cunha distancia total de carreira de 254 quilómetros.

O Gran Premio foi gañado por Carlos Reutemann pilotando un Williams FW07B. A vitoria foi a décima de Reutermann na Fórmula Un e a primeira desde o Gran Premio dos Estados Unidos de 1978. Tamén se converteu no quinto gañador nas seis carreiras da tempada . Reutemann gañou por 1 minuto e 13 segundos ao piloto francés Jacques Laffite que pilotaba un Ligier JS11/15. Terceiro foi o piloto brasileiro Nelson Piquet pilotando un Brabham BT49. O terceiro posto de Piquet levouno a superar a René Arnoux e Alan Jones no liderado do campionato do mundo por primeira vez.

A carreira, é lembrada por un espectacular accidente no inicio da carreira, cando Derek Daly chocou co Alfa Romeo 179 de Bruno Giacomelli, que mandou a Daly voando co seu Tyrrell 010 sobre Giacomelli e aterrando entre o seu compañeiro de equipo Jean-Pierre Jarier e o McLaren M29 de Alain Prost. Ningún dos catro pilotos sufriu ningunha lesión seria. Jan Lammers tamén sufriu danos no seu ATS D4, pero puido continuar. O accidente foi particularmente decepcionante para McLaren ao perdr o seu único coche en pista, xa que John Watson non puido clasificarse.

O piloto de Alemaña Occidental Jochen Mass pilotando un Arrows A3 foi cuarto, cunha volta menos que Reutemann por diante do canadense Gilles Villeneuve no Ferrari 312T5. Unha volta por detrás e en sexto lugar quedou o dobre campión do mundo Emerson Fittipaldi nun Fittipaldi F7. Para Mass e Fittipaldi serían os últimos puntos que lograrian no campionato do mundo.

A vitoria de Reutemann puxo a Williams á cabeza do campionato de construtores, cinco puntos por encima de Ligier.

Clasificación Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 28 Carlos Reutemann Williams-Ford 76 1:55:34.365 2 9 2 26 Jacques Laffite Ligier-Ford 76 +1:13.629 segs 5 6 3 5 Nelson Piquet Brabham-Ford 76 +1:17.726 segs 4 4 4 30 Jochen Mass Arrows-Ford 75 +1 volta 15 3 5 2 Gilles Villeneuve Ferrari 75 +1 Lap 6 2 6 20 Emerson Fittipaldi Fittipaldi-Ford 74 +2 voltas 18 1 7 11 Mario Andretti Lotus-Ford 73 +3 voltas 19 8 29 Riccardo Patrese Arrows-Ford 73 +3 voltas 11 9 12 Elio de Angelis Lotus-Ford 68 Accidente 14 NC 9 Jan Lammers ATS-Ford 64 Non clasificado 13 Ret 25 Didier Pironi Ligier-Ford 54 Accidente 1 Ret 16 René Arnoux Renault 53 Accidente 20 Ret 22 Patrick Depailler Alfa Romeo 50 Motor 7 Ret 1 Jody Scheckter Ferrari 27 Erro de pilotaxe 17 Ret 15 Jean-Pierre Jabouille Renault 25 Caixa cambios 16 Ret 27 Alan Jones Williams-Ford 24 Diferencial 3 Ret 23 Bruno Giacomelli Alfa Romeo 0 Colisión 8 Ret 3 Jean-Pierre Jarier Tyrrell-Ford 0 Colisión 9 Ret 8 Alain Prost McLaren-Ford 0 Colisión 10 Ret 4 Derek Daly Tyrrell-Ford 0 Colisión 12 NSC 7 John Watson McLaren-Ford NSC 31 Eddie Cheever Osella-Ford NSC 17 Geoff Lees Shadow-Ford NSC 21 Keke Rosberg Fittipaldi-Ford NSC 6 Ricardo Zunino Brabham-Ford NSC 14 Tiff Needell Ensign-Ford NSC 18 Dave Kennedy Shadow-Ford

Posicións logo da carreira

Clasificación no campionato de pilotos Pos Piloto Puntos 1 Nelson Piquet 22 2 René Arnoux 21 3 Alan Jones 19 4 Didier Pironi 17 5 Carlos Reutemann 15

Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 Williams-Ford 34 2 Ligier-Ford 29 3 Brabham-Ford 22 4 Renault 21 5 Arrows-Ford 11

Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.

Notas

Líderes de volta:

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 de 1980 Categoría:Gran Premio de Mónaco de Fórmula 1