Juan Golpe Varela, nado en Oza (Oza Cesuras) e finado na mesma parroquia o 1 de novembro de 1935,La Voz de Galicia, 2-11-1935, p. 5. foi un avogado, xornalista e político galego.
Traxectoria Naceu no pazo de Paio, segundo fillo de Manuel Golpe Núñez e Rita Varela de Sotomayor e irmán de Salvador Golpe. Avogado, foi concelleiro na Coruña arredor do ano 1890. Foi vocal do comité local da Asociación Regionalista. Xunto co seu irmán Salvador Golpe fundou en 1894 o xornal rexionalista Unión Gallega. Foi dirixente do movemento agrario Solidaridad Gallega (1906-1910) e animador do periódico La Defensa. En 1909 presentouse a deputado provincial como candidato agrario polo distrito de Betanzos-Pontedeume fronte ao conservador Ramón García Álvarez, pero non resultou elixido.La Voz de Galicia, 29-10-1909, p. 1. Exerceu como avogado na Coruña.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Avogados de Oza Cesuras Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Concelleiros da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración Categoría:Xornalistas de Oza Cesuras Categoría:Nados en Oza Cesuras Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Finados en 1935 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos