Moto3 é a categoría de menor cilindrada do Campionato do Mundo de Motociclismo de velocidade, regulado pola FIM. Destinada a motocicletas equipadas con motores de 250cc e catro tempos, substituíu en 2012 á antiga categoría de 125cc (con motor de dous tempos).

Regulamento Esta categoría limítase a motores dun só cilindro e un diámetro máximo de 81 mm. O peso total mínimo de motocicleta e condutor é de 148 kg. Os pilotos non poden ter máis de 28 anos, 25 se son wild-cards (pilotos invitados pola organización) ou acabados de contratar e participan por primeira vez no mundial.

Especificacións do motor 220px|miniatura|Moto3 Honda de Maverick Viñales (2012) Configuración: Monocilíndrico Cilindrada: 250 cc Ciclo do motor: 4 tempos Válvulas: 4 válvulas Distribución: Árbore de levas (DOHC). Combustible: Sen chumbo, 100 octanos (calquera tipo de combustible). Alimentación: Inxección. Aspiración: Motor de aspiración natural. Lubricación: Cárter húmido. Máximo de revolucións: 17.500 - 18.000 rpm. Refrixeración: Bomba de auga individual.

Campións Edición Primeiro Puntos Segundo Puntos Terceiro Puntos2012 Sandro Cortese 325 Luis Salom 214 Maverick Viñales 2072013 Maverick Viñales 323 Álex Rins 311 Luis Salom 3022014 Àlex Márquez 278 Jack Miller 276 Álex Rins 2372015 Danny Kent 260 Miguel Oliveira 254 Enea Bastianini 207

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial de MotoGP

Categoría:Campionatos do Mundo de Motociclismo