Saint-Nazaire, en bretón Sant-Nazer é unha cidade francesa, do departamento de Loira Atlántico, situada no norte do estuario do río Loira.

Historia O nome da cidade provén de san Nazario, que viaxou con Celso de Milán e evanxelizou os habitantes da rexión. Os seus corpos foron descubertos preto de Milán en 395.

O burgo primitivo data do século XV. Saint-Nazaire naceu co seu porto e creceu coa construción naval.

En 1808 era unha aldea de pescadores e lamaneurs (pilotos que guían os barcos comerciais no estuario), construída sobre un promontorio rochoso onde residían mariñeiros, pescadores, comerciantes e artesáns.

A construción naval comezou no século XVIII nas ribeiras do río Brivet, barrio incorporado ao concello en 1865. Nos anos 1860 implantouse un primeiro estaleiro.

Durante a segunda guerra mundial o exército de ocupación alemán construíu unha base submarina na localización da dársena de Saint-Nazaire, daquelas o único porto do Atlántico oeste capaz de recibir os grandes acoirazados alemáns.

En 1942 e 1943 sucedéronse intensos bombardeos aliados sobre a cidade, quedando esta completamente destruída. Tras a liberación da cidade, o 11 de maio de 1945, foi reconstruída baixo a dirección do arquitecto Noël Lemaresquier.

O porto O Porto Atlántico Nantes Saint-Nazaire é o primeiro porto da costa atlántica francesa e o cuarto porto marítimo de Francia. Cun tráfico exterior anual de 30 millóns de toneladas, acolle cada ano máis de 3.000 barcos mercantís.http://www.nantes.port.fr De Saint-Nazaire saen tres veces por semana os ferris que levan até Xixón os camións de transporte de mercadorías.http://www.directferries.fr/gld_atlantique.htm

A ponte 360 px|dereita En 1975 entrou en servizo a ponte colgante que atravesa o estuario do Loira na súa desembocadura, entre Saint-Nazaire e Saint-Brévin. É a ponte máis longa de Francia, cun total de 3356 m e 720 m na súa parte atirantada. Cultura Les Escales, festival de músicas do mundo,que ten lugar no porto de Saint-Nazaire cada mes de agosto dende 1992, coa presenza de grupos de todo o mundo. Cidades irmandadas , Avilés , Saarlouis , Sunderland , Peillac 20 px Quebec, Saint-Hubert Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial da cidade (en castelán) A ponte de Saint-Nazaire

Categoría:Concellos do departamento do Loira Atlántico Categoría:Cidades de Francia