A Selección de fútbol de Irlanda, oficialmente Selección de fútbol da República de Irlanda, (en inglés: Republic of Ireland national football team, en irlandés: Foireann peile náisiúnta Phoblacht na hÉireann), é o equipo que representa ao país en competicións internacionais deste deporte. A selección dependende da Asociación de fútbol de Irlanda (Football Association of Ireland / Cumann Peile na hÉireann, FAI), afiliada á UEFA.

Historia Ata o final dos anos '80, estivo á sombra dos seus veciños e rivais de Irlanda do Norte, cuxa selección xa disputara tres Copas do Mundo (1958, 1982 e 1986). Ámbalas dúas seleccións teñen un uniforme similar: camisolas e medias verdes e pantalón branco, cores nacionais da Illa de Irlanda, e tamén empregadas pola Selección Irlandesa que existiu entre 1882 e 1950, ano no que deixou de empregar xogadores de toda a illa, práctica que continuou a ser usada mesmo coa existencia da Selección do Estado Libre Irlandés en 1924, cando disputou os Xogos Olímpicos de Verán dese ano. Ámbalas dúas seleccións denominábanse "Irlanda" entre 1936 e 1953, cando a FIFA decidiu que a Irlanda independente pasaría a ser chamada polo seu nome oficial, "República de Irlanda", mentres que a outra sería chamada "Irlanda do Norte". A partir dos anos '90, ao incluír en boa medida a xogadores nacidos no Reino Unido (principalmente Inglaterra) de ascendencia irlandesa, a situación mudou e a selección de Irlanda conseguiu disputar o seu primeiro Mundial (Italia 1990), clasificándose tamén en 1994 e 2002. Antes diso, xa conseguira clasificarse para a Eurocopa 1988.

A súa mellor participación nas Copas do Mundo tivo lugar en 1990, cando se clasificou na primeira fase, caendo nos cuartos de final fronte a anfitrioa Italia, rematando no 8º posto ao final da competición (curiosamente, foi a única selección en chegar aos cuartos de final dunha edición da Copa do Mundo sen ter gañado ningún partido). Nos mundiais que seguiron realizou un bo papel, pasando sempre de fase e caendo nos oitavos de final. Irlanda non puido clasificarse para o Mundial 2010 ao perder na repesca contra Francia logo dun polémico pase de gol]] de Thierry Henry coa man.La mano de Henry lleva a Francia al Mundial Logo da derrota ante Francia, Irlanda solicitou a repetición do partido, non obstante esta petición foi oficialmente denegada pola FIFA o 20 de novembro de 2009.

Uniforme Uniformes históricos Local

Visitante

Xogadores O xogador de fútbol máis coñecido da illa é Roy Keane. Sen ningún parentesco con Roy, Robbie Keane foi o xogador máis destacado da selección no principio do século XXI. Outros xogadores e ex xogadores destacados son Johnny Giles, John Aldridge, Paul McGrath, Packie Bonner, Tony Cascarino, Denis Irwin, Steve Staunton, Jason McAteer, Shay Given e Damien Duff, entre outros.

Adestradores Entre 1921 e 1969 un comité de selectores elixiu o equipo, en ocasións era designado un adestrador ou director de equipo; Mick Meagan foi o primeiro xestor de seleccionar o equipo. Os adestradores dos períodos nos que o equipo nacional era coñecido como o Estado Libre Irlandés ou, simplemente, Irlanda, son escuros e moitos non son coñecidos actualmente. Non obstante, coñécese que Val Harris e Bill Lacey dirixiron o combinado irlandés na década de 1930. A continuación móstrase unha lista dos adestradores da selección irlandesa, de 1951 en diante, dende que se converteu na Selección da República de Irlanda:

AdestradorCarreiraPartidosGañadosEmpatadosPerdidosPorcentaxe de vitorias (%) Doug Livingstone1951 - 1953 Alex Stevenson Johnny Carey1955 - 1967 Noel Cantwell1967 Charlie Hurley1967 - 1969 Mick Meagan1969 - 1971120390.00 Liam Tuohy1971 - 19731031630.00 Seán Thomas (provisional)197310100.00 Johnny Giles1973 - 1980371491437.84 Alan Kelly Sr. (provisional)19801100100.00 Eoin Hand1980 - 1985401192027.50 Jack Charlton1986 - 19959447301750.00 Mick McCarthy1996 - 2002 6829192042.65 Don Givens (provisional)2002 10100 Brian Kerr2003 - 2005 321711453.13 Steve Staunton2006 - 2007 1765635.29 Don Givens (provisional)2007 - 2008 20110 Giovanni Trapattoni2008 - 20136426221640.60 Noel King2013210150.00 Martin O'Neill2013 - presente1455435.70

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial da FAI

Categoría:Fútbol en Irlanda