A Associació Esportiva Prat é un club de fútbol de España, da cidade de El Prat de Llobregat, na provincia de Barcelona. Foi fundado en 1945 e actualmente xoga na Segunda División B Española.

Historia Os primeiros clubs de fútbol do Baix Llobregat foron clubs de afeccionados. Foi cara aos anos 30 cando apareceron a Peña Gol e a Peña Merengues e os dous primeiros clubs de certa relevancia, o Club Deportiu Prat (1934) e o CD Internacional (1935). Ambas as entidades fusionáronse o ano 1939 por iniciativa de Rafael Mas, dando lugar á Unió Deportiva Prat, que no seu primeiro ano de vida gañou o Campionato de Cataluña Afeccionado. Pero o seu éxito foi a súa morte, xa que se desmantelou o equipo e o club acabou desaparecendo.

O 7 de febreiro de 1945, naceu o actual Associació Esportiva Prat baixo a presidencia de Josep Aleu Torres.

O 10 de xuño de 1984, o equipo consegue o primeiro ascenso a Terceira División, logo de tres ascensos consecutivos.

Na tempada 2011/12 proclámase campión do grupo V da Terceira División e xoga o play-off de campións. O 27 de maio de 2012 consegue o primeiro ascenso a Segunda División B tras derrotar por 2-0 na volta ao Atlético Sanluqueño.

O 29 de agosto do mesmo ano estréase na Copa do Rei na que consegue chegar á terceira rolda tras eliminar ao Gimnàstic de Tarragona no Municipal Sagnier (2-1) e ao Real Oviedo no Carlos Tartiere nos penaltis (4-5 despois dun 0-0 no tempo regulamentario). En terceira rolda foi eliminado pola UE Llagostera (2-3).

O seu paso pola categoría de bronce durou dúas tempadas, descendendo novamente en 2014. Na tempada 2015/16 proclámase campión de Terceira. O 29 de maio consegue novamente o ascenso a Segunda División B logo de gañar 3-1 no Sagnier e perder 1-0 na volta contra o Osasuna B.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ªB: 2 Tempadas en 3ª: 12

Historial na liga TempadaCategoríaPosto1984/853ª16º1985/863ª9º1986/873ª18º 10pxde 87-88Rexional—a 01-02Rexional—2002/033ª16º 10px2003/041ª Catalana—2004/051ª Catalana— 10px TempadaCategoríaPosto2005/063ª12º2006/073ª18º 10px2007/081ª Catalana— 10px2008/093ª8º2009/103ª4º2010/113ª9º2011/123ª1º 10px2012/132ªB12º2013/142ªB17º 10px2014/153ª6º2015/163ª1º 10px2016/172ªB

Palmarés Terceira División Española (2): 2011/12, 2015/16

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Prat Prat Categoría:El Prat de Llobregat