Ramón Búa Otero, nado na Illa de Arousa o 28 de abril de 1933 e finado en Vigo o 21 de abril de 2012, foi un eclesiástico católico galego, bispo de Tarazona e de Calahorra e La Calzada-Logroño.

Traxectoria Logo de estudar no seminario de Tui, foi ordenado sacerdote ao servizo da diocese de Tui-Vigo o 19 de marzo de 1961. Posteriormente continuou os seus estudos en Roma, licenciándose en Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana en 1962 e en Sagrada Escritura polo Pontificio Instituto Bíblico en 1964.

O 11 de xaneiro de 1982 foi nomeado bispo de Tarazona. Recibiu a ordenación episcopal o 21 de febreiro, de mans do nuncio Antonio Innocenti, e tendo como co-consagrantes aos arcebispos de Zaragoza Elías Yanes e Oviedo Gabino Díaz. O 14 de setembro de 1989 foi nomeado bispo de Calahorra e La Calzada-Logroño, diocese que rexeu até o seu retiramento o 15 de setembro de 2003.

Na Conferencia Episcopal Española foi membro das Comisións Episcopais de Ensinanza e Catequese e de Seminarios e Universidades. Faleceu o 21 de abril de 2012 en Vigo.

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil biográfico en Faro de Vigo

Categoría:Nados na Illa de Arousa Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Bispos católicos de Galicia Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Alumnos do Pontificio Instituto Bíblico