O filo dos elusimicrobios (Elusimicrobia) antes coñecido como "Grupo 1 Térmites" é un filo de bacterias recentemente proposto, difundido amplamente en moitos ecosistemas como ambientes mariños, lodos residuais, sitios contaminados, solos e dentro de térmites e outros insectos. A grande abundancia dos Elusimicrobia está evidenciada polas mostras de ARNr atopadas en distintos ambientes, pero as liñaxes que viven como endosimbiontes nas térmites son as máis coñecidas e estudadas.

O primeiro organismo do grupo que foi cultivado foi Elusimicrobium minutum (clase Elusimicrobia). Esta especie foi atopada dentro de larvas de escaravellos; é un diminuto bacilo gramnegativo dunha lonxitude máxima de 0,3 microns, que fermenta azucres.

Foron tamén foron parcialmente descritas outras dúas especies, que se situaron nunha clase separada e bastante distante, coñecida como Endomicrobia. Os Endomicrobia viven dentro de protistas que á súa vez están no aparato dixestivo das térmites, onde estes protistas realizan a dixestión da lignocelulosa.

Filoxenia O cladograma mostra a taxonomía actualmente aceptada do grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) e no NCBI (National Center for Biotechnology Information) e na filoxenia baseada nas secuencias do ARNr 16S da LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree.All-Species Living Tree Project.

Notas: ♥ Estirpes non atopadas no NCBI (National Center for Biotechnology Information) e listadas na LPSN.

Notas

Categoría:Bacterias