Hot Water Music é unha banda de punk rock estadounidense procedente de Gainesville, Florida. Os seus membros son Chuck Ragan, Chris Wollard, Jason Black e George Rebelo. O grupo formouse no ano 1993 e tras publicar varios EPs e tres álbums separouse en 1998 durante un curto período de tempo. Pouco despois reformouse, pero a finais de 2005 anunciou que entraría en hiato tras a marcha de Chuck Ragan. No ano seguinte anunciaríase a disolución da banda e os tres membros restantes formarían The Draft, editando o seu priemrio álbum, In a Million Pieces, en setembro do 2006. A banda reuniríase novamente no ano 2008.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Fuel for the Hate Game 1997 Toybox Records/No Idea Records Forever and Counting 1997 Doghouse Records No Division 1999 Some Records A Flight and a Crash 2001 Epitaph Records/No Idea Records Caution 2002 Epitaph Records/No Idea Records The New What Next 2004 Epitaph Records/No Idea Records Exister 2012 Rise Records Light It Up 2017 Rise Records Feel the Void 2022 Equal Vision Records/End Hits Records Vows 2024 Equal Vision Records

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de Gainesville, Florida Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais formados en 1993