Tyshawn Jamar Taylor, nado o 12 de abril de 1990 en Hoboken, Nova Jersey, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga no Auxilium Torino da Lega Basket Serie A.
Instituto Taylor asistiu ó St. Anthony High School en Nova Jersey, onde xogou para o adestrador Bob Hurley. Durante a tempada 2007-08, o equipo fixo unha marca de 32-0.
Traxectoria universitaria Freshman Taylor acadou 7.2 puntos e 3.4 asistencias por partido na tempada 2009-10 cos Kansas Jayhawks, que gañaron a tempada regular da Big 12, e tamén o torneo da conferencia. Taylor foi elixido Freshman do Ano da Big 12 Conference de 2010.
Sophomore Taylor fixo 9.3 puntos e 4.6 asistencias no seu segundo ano. Liderou ó equipo en asistencias, e foi cuarto na Big 12. O 21 de febreiro de 2011, Taylor foi suspendido indefinidamente polo equipo por violar as normas do equipo.http://sports.espn.go.com/ncb/news/story?id=6144510
Sénior Sendo titular por cuarto ano consecutivo, Taylor e o seu compañeiro Thomas Robinson lideraron a Kansas ó campionato nacional antes de perder contra os Kentucky Wildcats.
Traxectoria profesional O 28 de xuño de 2012, Taylor foi elixido na 41ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Portland Trail Blazers, pero foi traspasado ós Brooklyn Nets a cambio dunha compensación económica. Taylor asinou un contrato cos Nets o 6 de xullo de 2012.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Hoboken, Nova Jersey Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets Categoría:Xogadores do Auxilium Pallacanestro Torino