A Unión Baloncesto La Palma foi un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Santa Cruz de la Palma, Canarias que xogou a súa última tempada, a 2011−12, na Liga LEB Ouro. Actualmente ten equipos de formación.
Historia A Unión Baloncesto La Palma foi fundada en 1979 após a desaparición do C.B. La Palma coa denominación de "Asociación de Amigos del Baloncesto de La Palma", sendo o seu primeiro presidente Andrés Pérez Ortega. Na temporada 1996−97 conseguiu o ascenso á EBA durante a Fase disputada no Pavillón Insular de Miraflores de La Palma. Na temporada 1998−99 proclamouse campión da EBA, mentres que na tempada seguinte fíxose co subcampionato.
Na temporada 2000−01 converteuse nun dos fundadores da LEB-2. Ao finalizar a temporada 2002−03 ascendeu á LEB tras adquirir os dereitos federativos do Universidade Complutense, categoría na que permaneceu até a súa desaparición. Na campaña 2003−04 disputou por primeira vez os play-offs de ascenso á Liga ACB, ademais de tomar parte na Copa do Príncipe disputada en Zaragoza. Ao finalizar a temporada 2007−08 ocupou a penúltima posición (17ª), o que supuña a perda de categoría, aínda que finalmente mantívose na LEB Ouro debido aos problemas económicos de Cantabria e Huelva. Consumou a desaparición do seu equipo sénior o 6 de xullo de 2012 tras arrastrar unha seria crise económica, que se acentuou coa falta de apoios das institucións. O club continúa existindo con equipos de formación.
Xogadores Destacados
José María Balmón Christian Díaz David Gil Álex López Héctor Manzano Sergio Olmos Óscar Peña Dani Rodríguez Edu Sánchez Juanjo Triguero Txemi Urtasun Walter Tavares Andre Turner Roeland Schaftenaar
Historial AnoNivelLigaCopa1994–95 32ª División 5º 1995–96 32ª División 3º 1996–97 42ª División2º 1997–98 3EBA 14–141998–99 3EBA 28–81999–00 3EBA 24–5Copa EBA 2000–01 3LEB 2 4º 25–13Copa LEB 2 2001–02 3LEB 2 4º 22–172002–03 3LEB 2 5º 21–122003–04 2LEB 7º 19–19Copa Príncipe SF2004–05 2LEB 16º 15–232005–06 2LEB 10º 16–182006–07 2LEB 11º 16–182007–08 2LEB Ouro17º 12–222008–09 2LEB Ouro 14º 14–202009–10 2LEB Ouro 10º 16–182010–11 2LEB Ouro 10º 16–182011–12 2LEB Ouro 9º 20–18
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
La Palma