José Asensio Torrado, nado na Coruña o 18 de maio de 1892 e finado en Nova York o 24 de febreiro de 1961, foi un militar galego.
Traxectoria Ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1907 e foi enviado ao Protectorado Español de Marrocos. En 1920 ascendeu a comandante e foi nomeado xefe do Estado Maior do Comisariado Español en África. Ao proclamarse a Segunda República Española foi nomeado xefe da Comisión Fronteiriza con Portugal, e en 1933 foi ascendido a coronel.
Nos primeiros días da Guerra civil española tomou parte no asalto ao Cuartel da Montaña de Madrid e diversas operacións nas frontes de Andújar, Málaga, Guadarrama. Ascendido a xeneral, foi nomeado Xefe do Teatro de Operacións do Centro (TOCE) e participou no frustrado asalto ao Alcázar de Toledo; fracasou igualmente, en Talavera de la Reina. En outubro de 1936 Francisco Largo Caballero nomeouno subsecretario do Ministerio da Guerra, desde onde tratou de reorganizar o exército republicano. Pouco antes de finalizar a guerra foi nomeado agregado militar da embaixada española en Washington. Trasladouse a Nova York, onde deu clases de español. En 1949, foi nomeado ministro da Guerra no Goberno da República no exilio. Finou en Nova York o 24 de febreiro de 1961.Obituario. José Asensio
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en galegos.info Biografía en exiliados.org
Categoría:Militares de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Militares da guerra civil española leais á República Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes