A mariñeira é un filme galego do ano 2007 dirixido e coescrito por Antón Dobao a partir dun guión de Xabier Cordal (baseado no relato "A mariñeira de Quilmas" de Darío Xohán Cabana). Estreouse na TVG o Día das Letras Galegas de 2008. Tivo un orzamento de 758 300 euros.
Sinopse Drama histórico que conta a valentía dunha muller galega na Carnota da Guerra Civil. Fará fronte á opresión da época e as inxustizas sociais e de xénero que a asolan a ela e ás súas fillas.
Personaxes Camila Bossa como María Monti Castiñeiras como Bailarete Antonio Durán "Morris" como Cura María Vázquez como Patrocinio Roger Casamajor como Pandullo Lucía Regueiro como Nerea Xoel Fernández como Rubio Jordi Banacolocha como Don Ricardo Xosé Barato como Modesto Marc Cartés como Tenente Iria Abelleira Castro como Rosa con 6-9 anos Begoña Pérez como Rosa con 13 anos Antela Cid como Rosa con 17-27 anos Lara Lago como Federica con 2-3 anos Rocío Casal como Federica con 7-11 anos Mamen Casal como Federica con 21 anos Mariana Carballal como Dona Angustias Olalla Escribano como Pura Suso Lista como Evaristo Mónica García como Muller de Evaristo Rubén Riós como Fotógrafo Mónica Bar como Muller da Xira César Cambeiro como Axudante de Mariña Xulio Abonjo como Paisano
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado2008Mellor filme para televisiónAntón Dobao GañadorMellor actrizCamila BossaNomeadaMellor dirección de produciónMamen QuintasNomeadoMellor maquillaxe e peiteadoMarta Prats e Trini F. SilvaNomeadasMellor deseño de vestiarioAna LópezNomeada
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha no soportal do audiovisual galego.
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes dirixidos por Antón Dobao