Nélson Miguel Castro Oliveira, nado en Barcelos o 6 de agosto de 1991, é un futbolista portugués. Xoga de dianteiro e o seu equipo actual é o Nottingham Forest F.C.
Traxectoria Na tempada 2012–13 fichou polo Deportivo da Coruña, en calidade de cedido polo Benfica. Co club coruñés xogou 30 partidos e anotou 4 goles, sendo cuarto goleador do equipo nesa campaña, detrás de Riki, Pizzi e Bruno Gama. O seu debut produciuse na primeira xornada, nunha vitoria fronte o Osasuna en Riazor (2–0), onde se estrou tamén como goleador marcando o segundo tanto. Ao final da campaña o equipo descendeu a Segunda División.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en ceroacero.es
Categoría:Nados en 1991 Categoría:Nados en Barcelos Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do Rio Ave FC Categoría:Xogadores do FC Paços de Ferreira Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Stade Rennais FC Categoría:Xogadores do Swansea City AFC Categoría:Xogadores do Nottingham Forest FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Portugal