thumb|150px|Soro fisiolóxico para infusión intravenosa. O soro fisiolóxico é unha solución acuosa de electrólitos e, ás veces, outras substancias como, por exemplo, glicosa.
O cualificativo de fisiolóxico débese a que está formado por substancias compatíbeis cos organismos vivos, e ás súas características de osmoticidade, pH e forza iónica.
É unha fonte de carbono e enerxía para o organismo, e para a síntese dalgúns polisacáridos.
Emprégase como substituto, en certo modo, do sangue, cando diminúe drasticamente a volemia, e como vía de aplicación de diversas substancias por vía parenteral.
Tamén está indicado na curación de perforacións da pel, en vómitos constantes (por vía oral) e para resolver as obstrucións nasais, especialmente en nenos pequenos (bebés).
Véxase tamén Outros artigos Soro sanguíneo Plasma sanguíneo
Ligazóns externas Que é o soro fisiolóxico? .
Categoría:Hematoloxía