Rocket from the Crypt foi unha banda estadounidense de rock liderada por John Reis, formada en 1989 en San Diego (California) e desaparecida no ano 2005.

A banda gañou a aclamación da crítica e a atención dos grandes selos despois do lanzamento do seu álbum de 1992 Circa: Now!, que levouna a asinar un contrato con Interscope Records. O grupo experimentou un aumento de popularidade coa edición dos álbums Scream, Dracula, Scream! (1995) e RFTC (1998), acompañados por numerosos sinxelos e EPs publicados a través de selos independentes. Porén, as vendas non foron tan altas como se agardaba e Interscope centrou a súa atención en grupos que lle aportasen máis cartos. Rocket from the Crypt deixou o selo e pouco despois o batería Atom Willard abandonou a banda.

Despois dun período de inactividade en 1999 e 2000, durante o cal Reis formou Hot Snakes e Sultans e creou o seu selo Swami Records, a banda asinou con Vagrant Records e recrutou ao novo batería Ruby Mars. O grupo editou dous álbums máis e nos seguintes anos os seus membros comezaron a involucrarse noutros proxectos, centrándose menos en Rocket from the Crypt. Decidiron separarse en 2005 realizando un concerto de despedida en San Diego o día de Halloween.

Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Paint as a Fragrance 1991 Cargo/Headhunter Circa: Now! 1992 Cargo/Headhunter Hot Charity 1995 Perfect Sound Scream, Dracula, Scream! 1995 Interscope Records RFTC 1998 Interscope Records Group Sounds 2001 Vagrant Records Live from Camp X-Ray 2002 Vagrant Records

EPs The State of Art Is on Fire - 1995 (Sympathy for the Record Industry) Cut Carefully and Play Loud - 1999 (Flapping Jet)

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Grupos musicais de San Diego Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais formados en 1989 Categoría:Grupos musicais separados en 2005