Raziel (en ) ou Galizur (en ) é un arcanxo dentro das ensinanzas do misticismo xudeu e da Cábala, que é o "Gardián dos Segredos" e "Anxo dos Misterios". Este anxo é asociado coa sefirá Chochmah e con Olam Briah, un dos catro mundos, e sería o responsable de primeiro transmitir os coñecementos no que se convertería no futuro a Cábala. Esas ensinanzas serían entregadas a Adán no chamado Sefer haRaziel («libro de Raziel») ou Sefer haRaziel hamalach («libro do anxo Raziel»). Dise que o anxo pode saber todo sobre alguén, cando o mire directamente os ollos, e que pode achegar, a calquera que o desexe, coñecemento e sabedoría certos.

Notas

Categoría:Arcanxos Categoría:Xudaísmo