Prudenci Bertrana, nado en Tordera o 19 de xaneiro de 1867 e finado en Barcelona o 21 de novembro de 1941, foi un escritor catalán.

Traxectoria Estudou en Xirona, e en 1884 trasladouse a Barcelona para cursar enxeñería industrial, carreira que deixou logo do primeiro ano para estudar na Escola de Belas Artes, pero non chegou a rematar os estudos. Non obstante, á súa volta a Xirona comezou a ser coñecido como pintor de retratos e paisaxes e accedeu a un posto de profesor na Escola Municipal de Belas Artes. En 1898 apareceron as primeiros contos na revista Lo Geronès. En 1902 incorporouse á redacción da revista Vida, modernista e conservadora. Colaborou coa revista Catalunya e entrou en contacto co grupo de escritores modernistas locais: Xavier Montsalvatge, Carles Rahola e Miquel de Palol.

En 1906 publicou a novela Josafat, de grande éxito. Posteriormente publicou Nàufrags (1907) e o libro de relatos Crisàlides (1907). En 1912 marchou vivir a Barcelona e converteuse en director das revistas satíricas L'Esquella de la Torratxa e La Campana de Gràcia e colaborou con El Poble Català.

Publicou coleccións de contos e relatos: La lloca de la vídua i altres conts (1915), Els herois (1920), El meu amic Pellini i altres contes (1923), La bassa roja (1923), El desig de pecar (1924) L'òrgan del diputat (1924), L'ós benemèrit i altres bésties (1932) e obras de teatro, en parte escritas para mellorar a súa precaria situación económica, como Enyorada solitud! (1918), Les ales d'Ernestina (1921), La dona neta (1924), L'auto del senyor Moixet (1925), El comiat de Teresa (1931) e a novela Jo! Memòries d'un metge filòsof (1925). En 1936 recolleu en Impromtus algúns dos artigos de crítica teatral que publicara na Revista de Catalunya e La Veu de Catalunya.

A triloxía Entre la terra i el núvols está escrita en clave autobiográfica e componse de L'hereu (1931), El vagabund (1933) e L'impertinent (escrita en 1939, pero que non se puido publicar ata 1948)

Véxase tamén Ligazóns externas Fondo Bertrana, de la Universidad de Girona DUGi Fons Especials. Manuscrits de Prudenci Bertrana

Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Nados en Tordera Categoría:Nados en 1867 Categoría:Finados en 1941