Alfredo Pérez Viondi, nado en Cuba en 1861 e finado en Vigo o 28 de abril de 1938,Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 29-4-1938, p. 4. foi un médico, militar e político galego.
Traxectoria Ingresou no Exército en 1896 e participou na guerra de Cuba e en África chegando a ser tenente coronel do corpo de sanidade militar. Médico militar da zona da Estrada, prestou servizos no Protectorado Español de Marrocos e despois no Hospital Militar de Carabanchel. Co apoio dos sectores anticaciquís e do xornal El Emigrado, presentouse en 1920 e 1923 ás eleccións a Cortes polo distrito da Estrada, pero non foi elixido.
Foi director do Hospital Militar de Vigo (1922). Foi presidente da Sociedad Casino de Vigo, e trasladou a súa sede ó edificio do Teatro García Barbón. Foi elixido alcalde de Vigo en maio de 1929 e deixou o cargo tras a disolución da Asamblea Nacional Consultiva en febreiro de 1930, tras a fin da ditadura de Primo de Rivera. Como alcalde de Vigo, preocupouse do sanitario e benéfico, Policía Municipal e adecentamento das vías públicas: finalización da praza de Portugal e arranxo de varias rúas e a aprobación de proxectos para as principais vías do barrio de Casablanca.
Nomeado gobernador civil da Provincia de Huesca en novembro de 1930, foi deposto coa chegada da Segunda República Española en 1931, tras o cal volveu dirixir o Hospital Militar de Vigo. Na primavera de 1935 presidiu o acto de constitución do Consello comarcal de Vigo do Partido Agrario Español.El Pueblo Gallego, 24-4-1935, p. 2.
Distincións
Tivo diversas condecoracións: Cruz e Placa de San Hermenexildo, Militar do Mérito Naval, da Cruz Vermella, de María Cristina, a Lexión de Honor Francesa... Vida persoal Casou en 1897 con Sara Pereira Renda (filla de Camilo Pereira Freijenedo e irmá de Virxinia Pereira Renda, que en 1912 casou con Castelao).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Alcaldes de Vigo
Ligazóns externas Luis Teófilo Gil Cuadrado (2006). El Partido Agrario Español (1934-1936): Una alternativa conservadora y republicana
Categoría:Alcaldes de Vigo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Militares de Galicia Categoría:Nados en Cuba Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Galegos de Cuba